 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 14 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira ::: ANUNCIO |
ANUNCIO
Con data 11.09.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 436/2023 que literalmente di:
“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Asunto: MODIFICACIÓN DA HORA DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Mediante resolución de Alcaldía nº345/2023 de data 10.07.2023, resolveuse a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello, a designación dos membros da mesma e a determinación das súas atribucións.
Establécese como data e hora para a realización das sesións ordinarias os venres cada quince días, ás 13:00 horas.
Resultando que un dos membros da mesma, Dª Lucía Picos Aneiros, comunica a esta Alcaldía a imposibilidade de asistencia ás sesións venres ás 13:00 horas.
Polo exposto, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Modificar o primeiro parágrafo do punto catro da resolución de Alcaldía nº345/2023 de data 10.07.2023, de tal xeito que quede redactado da seguinte maneira:
“Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os venres cada quince días, ás 13:45 horas.”
SEGUNDO.- Da presente resolución darase conta ao pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no boletín oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”
En Cedeira,11 de setembro de 2023
O Alcalde,
Pablo Diego Moreda Gil
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira ::: ANUNCIO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|