|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 3 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: ANUNCIO |
Bases da subvención para gastos de funcionamento de escolas de música de Cedeira
ANUNCIO
BASES DA SUBVENCIÓN PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DE ESCOLAS DE MÚSICA DE CEDEIRA
Mediante acordo adoptado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria do 27.07.2023 aprobáronse as seguintes bases e convocatoria:
BASES DA SUBVENCIÓN PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DE ESCOLAS DE MÚSICA DE CEDEIRA
1. Obxecto da subvención
O obxecto da convocatoria é subvencionar os gastos de funcionamento das escolas de música de Cedeira.
2. Beneficiarios e requisitos
Poden participar todas as asociacións culturais con sede neste municipio que estean inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Cedeira no momento de presentación das solicitudes, e que non contraveñan as disposicións dos artigos 10 e 13 Lei Xeral 38/2003 de Subvencións e da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
No caso de asociacións que foran beneficiarias de subvencións outorgadas en anos anteriores polo Concello de Cedeira, deberán telas debidamente xustificadas.
A participación pode facerse de xeito individual ou conxunto.
No caso de que varias asociacións presenten unha solicitude de forma conxunta, deberán asignar unha persoa representante para recadar a subvención e comunicarse co Concello.
3. Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica de conformidade co disposto nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2005, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
4. Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
5. Documentación necesaria para a presentación da solicitude.
1. Anexo I completado e asinado polo presidente/presidenta da asociación, achegando unha copia do DNI da persoa solicitante e unha copia do CIF da asociación.
2. Informe-proxecto de desenvolvemento curricular para aplicar na escola de música.
3. Proxecto de estrutura orgánica para a xestión e funcionamento da escola, na que se inclúa tanto o perfil económico como pedagóxico. Será un requisito obrigatorio prever a creación un organismo consultivo de participación que poida reunirse polo menos unha vez cada tres meses e no que estea representado o Concello de Cedeira, o persoal docente, estudantes e familias.
4. Orzamento detallado dos diferentes conceptos de gastos (persoal, subministración, material de oficina e didáctico, seguros, xestión, etc.) e previsión de ingresos.
5. Declaración xurada asinada pola persoa solicitante de que a Asociación non ten débedas co Concello de Cedeira, nin coa Administración de Finanzas ou Seguridade Social e de non contravir os artigos 10 e 13 da Lei Xeral 38/2003 de Subvencións e a Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia. (ANEXO II)
6. Criterios de avaliación das solicitudes
Valoraranse as propostas presentadas mediante o seguinte criterio por puntos e que se deberá acreditar mediante a presentación da documentación oportuna:
1. Informe-proxecto de desenvolvemento curricular. 5 puntos máximo
2. Proxecto de estrutura orgánica para a xestión e funcionamento da escola. 5 puntos máximo
3. Capacidade de financiación propia. 5 puntos máximo
4. Patrimonio da asociación (medios propios se instrumentos). 5 puntos máximo
5. Experiencia na xestión de actividades de formación musical. 5 puntos máximo
6. Propostas e iniciativas dirixidas a achegar a escola de música ao público. 5 puntos máximo
7. Compromiso de colaboracións coas actividades que desenvolve o Concello de Cedeira. 5 puntos máximo
8. Compromiso de utilizar o idioma galego nas actividades e difusión da escola de música. 5 puntos máximo
7. Importe da subvención
O importe da convocatoria ascende ás seguintes cantidades:
Exercicio
Importe subvención
Importe máx anticipo
2023
11.500 €
8.625 €
2024
46.000 €
34.500 €
2025
46.000 €
34.500 €
2026
34.500 €
25.875 €
A subvención final para o exercicio poderá cubrir ata o 100% do gasto executado.
8. Réxime de compatibilidade
A subvención concedida será incompatible con calquera outra subvención ou axuda para actividades ou inversións convocada polo Concello de Cedeira. Sen embargo, será compatible con outras subvencións solicitadas por outras entidades públicas ou privadas, sempre que os ingresos non excedan os gastos de funcionamento.
A entidade que recibe a subvención está obrigada a proporcionar os datos solicitados polo Concello.
9. Organismos competentes para a instrución e resolución do procedemento
As solicitudes presentadas serán avaliadas por un comité formato por:
- Concelleiro de Cultura
- Concelleira de Facenda
- AEDL
- Representante dos Servizos Económicos do Concello de Cedeira
A proposta de resolución, unha vez fiscalizada pola intervención municipal, levarase a Xunta de Goberno, que acordará a concesión ou denegación da subvención.
10. Prazos para a execución e xustificación da subvención.
Unha vez que a subvención foi concedida á asociación que obteña máis puntos, asinará un convenio co Concello de Cedeira no que se especificarán as obrigas e deberes de cada unha das partes.
A duración da subvención será de dos exercicios orzamentarios e poderá prorrogarse por cada exercicio orzamentario por un máximo de catro exercicios.
O prazo de execución de cada un dos exercicios será o ano natural, excepto o último, que será ata o 30 de xuño de 2026.
O prazo de xustificación será ata o 31 de xaneiro de cada exercicios, excepto no último exercicio que será ata o 31 de xullo de 2026. Aceptaranse xustificacións parciais durante todo o ano.
A xustificación se realizará mediante a presentación da documentación indicada a continuación na sede electrónica do Concello de Cedeira:
- Facturas relativas aos conceptos expresados nos xustificantes de gastos, que serán obrigatoriamente os que foran motivo da subvención, así como unha relación das mesmas. No caso de xustificar o gasto con nóminas, deberase presentar xustificante das transferencias respectivas e dos documentos correspondentes a seguridade social (TC1 e TC2)
- O beneficiario da subvención debe figurar obrigatoriamente como destinatario da factura.
- Xustificante bancario de pago. Solo se aceptarán pagos en efectivo cando o importe da factura sexa inferior a 100,00 € e sen que poida ser obxecto de fraccionamento.
- Memoria de realización da actividade.
- Balance de gastos de funcionamento.
- Certificado de ingresos da actividade, que incluirá a propia achega do Concello, matrícula e costas, así como outros ingresos da escola de e música asinados polo/a Secretario/a o/a Tesoureiro/a da entidade e co visto e prace do/a Presidente/a.
Unha vez xustificada correctamente a subvención concedida, a subvención será aprobaba pola Xunta de Goberno Local para o seu pago ao certificado de número IBAN proporcionado.
11. Gatos subvencionables
Serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento da escola de música:
- Gastos de persoal da Escola de Música (persoal docente, conserxe e outro persoal directamente relacionado coa Escola de Música) e gastos administrativos de xestión (xestoría).
- Material de didáctico e material de oficina.
- Gastos de transporte e desprazamento.
- Gastos de mantemento e reparación das instalacións da Escola de Música, así como as subministracións de enerxía electrónica e comunicacións postais e telefónicas.
- Seguro de responsabilidade civil.
- Gastos de limpeza das instalacións.
- Gastos directos da organización de actividades relacionadas cos estudos de música (cursos, seminarios, concertos e similares).
En ningún caso serán subvencionables o importe de comidas ou atencións protocolarias de similar natureza, que do ser o caso, serán asumidos polos ingresos propias da asociación.
12. Abono anticipado
Poderanse realizar anticipos do 75% do importe total no primeiro trimestre da subvención obxecto de convenio, quedando condicionado o seu abono á correcta xustificación dos gastos do anticipo anterior. O importe restante pode adiantarse no seguinte trimestre a expensas da xustificación global presentada.
13. Control financeiro
As subvencións outorgadas polo Concello de Cedeira están suxeitas ao control financeiro por parte dos órganos competentes do Concello.
14. Regulación suplementaria
En todo o non previsto nestas bases, a concesión da subvención estará regulada polo disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, regulamento que a desenvolve, Lei 9/2007, de Subvencións de Galicia e Bases de execución do orzamento do Concello de Cedeira.
ANEXO I: SOLICITUD DE SUBVENCIÓN PARA GASTOS OPERATIVOS DE ESCUELAS DE MÚSICA CEDEIRA
1.-DETALLES DEL SOLICITANTE
DNI/NIE
Data de nacemento
Nome e apelidos
Enderezo
Teléfono
Correo electrónico
2.-DATOS CON FINES DE NOTIFICACIONES
DNI/NIE
Data de nacemento
Nome e apelidos
Enderezo
Teléfono
Correo electrónico
3.-DOCUMENTACIÓN PROPORCIONADA
Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante
Fotocopia do C.I.F. da asociación.
Memoria-proxecto de desenvolvemento curricular para a aplicar na Escola de Música.
Proxecto de estrutura orgánica para a xestión e funcionamento da escola, que inclúa tanto o perfil económico como o pedagóxico.
Orzamento detallado dos diferentes conceptos de gastos e previsión de ingresos.
Declaración xurada asinada pola persoa solicitante de que a Asociación non ten débedas co Concello de Cedeira, nin coa Administración de Finanzas ou Seguridade Social e de non contravir os artigos 10 e 13 da Lei Xeral 38/2003 de Subvencións e a Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia. (ANEXO II)
Certificado da conta bancaria para o ingreso da subvención.
Firmado
______________, __________ de__________________ de 2023
ANEXO II: DECLARACIÓN RESPONSABLE
___________________________________________________________________________ con DNI____________________, e con dirección a efectos de notificación ___________________________________________________________________
1. DECLARO RESPONSABLEMENTE, en relación coa convocatoria da subvención para gastos de funcionamento de Escolas de Música de Cedeira que:
- Todos os datos que constan na solicitude e en todos os documentos achegados son certos.
- A Asociación que represento non incorre en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria da subvención establecidas nos apartados 2 y 3 do artigo 13 de la Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e os apartados 2 y 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e cumpre as condicións para ser beneficiaria de acordo co previsto na base segunda desta convocatoria.
2. DECLARO RESPONSABLEMENTE, en relación coa convocatoria da subvención para gastos de funcionamento de Escolas de Música de Cedeira que:
- A Asociación que represento non ten obrigas pendentes co Concello de Cedeira, nin coa Administración de Facenda nin coa Seguridade Social.
3. ACEPTO as actuacións de comprobación e seguimento que leve a cabo o Concello.
4. AUTORIZO, a efectos da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos persoais, que o Concello de Cedeira incorpore estes datos, ou aqueles dos que teña coñecemento como resultado da relación iniciada, a un ficheiro automatizado responsabilidade do Concello de Cedeira, que ten como finalidade cumprir as funcións que se realizarán dentro do proceso de trámite, xestión, concesión e pago encomendados pola Lei Xeral de Subvencións 38/2003 e as normas de desenvolvemento, así como para a xestión doutros servizos ou programas de iniciativa municipal do seu posible interese.
Tamén son consciente de que os datos proporcionados poden ser obrigatorios para a xestión e o a tramitación do expediente, e acepto o compromiso de comunicar no menor tempo posible ao Concello de Cedeira, calquera cambio nos datos expresados coa fin de poder proceder a súa actualización. A unidade tramitadora, a menos que se comunique o contrario, entenderá que os datos proporcionados son exactos e actuais.
A persoa representante legal asinante ou calquera outra parte interesada pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición da maneira legalmente prevista, enviando unha comunicación ao Concello de Cedeira.
5. COÑEZO as responsabilidades legais derivadas da falsidade nos documentos administrativos e, en particular, a exixencia do reintegro da subvención máis os intereses de demora correspondentes, sen prexuízo da tramitación do correspondente expediente.
Firmado
______________, __________ de__________________ de 2023
Cedeira, 31 de xullo de 2023
O Alcalde,
Pablo Diego Moreda Gil
Link: BOPONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: ANUNCIO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|