Cando dicimos que @s concelleir@s do nacionalismo galego non cobraron no goberno de coalición do mandato do 2015 ao 2019, estámos a afirmar unha realidade que non ten contestación pois é unha verdade pública e demostrable.
Cando preguntamos si algún outro partido político local estaría disposto, de ter a responsabilidade de goberno no concello de Cedeira, a comprometerse do mesmo xeito que as nosas concelleiras fixeron con moito esforzo e dificultades, sen mermar a excelente xestión que realizaron, o que obtemos é a calada por resposta (non todos os partidos políticos son iguais).
Máis para o PP que ten un longo currículum de depredación de diñeiro público agora lle molesta que de catro concelleir@s no BNG, un conte cunha adicación completa retribuída e outra con media dentro dos parámetros que estipula a lei.
Xa poden empapelar a Vila con bulos que nunca van poder enlamar a honestidade nin os principios éticos da nosa organización, nin d@s nos@s concelleir@s
Nós en cambio si podemos demostrar a súa falta de escrúpulos e de honestidade cando contaron con responsabilidades de goberno.
+Info:( Portal de Trasnparencia - Concello de Cedeira )
(ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA REALIZADA POLO PLENO DA
CORPORACIÓN EN DATA OITO DE XULLO DE DOUS MIL QUINCE.
Link: BNG Cedeira