A orde de axudas dirixida especificamente aos establecementos
hostaleiros e outros negocios pechados polas medidas sanitarias desde
xaneiro -como ximnasios ou parques infantís-, publicarase no DOG o
próximo luns.
O segundo Plan de Rescate da Xunta está dotado con
75 millóns de euros, dos que 60 millóns corresponden á convocatoria
publicada hoxe, e 15 millóns á liña específica destinada á hostalaría e
negocios pechados. Desde novembro, a Xunta de Galicia leva destinados
máis de 160 millóns de euros a apoios directos ao tecido empresarial,
posto que o primeiro Plan de Rescate estivo dotado con 86 millóns de
euros
Todas as axudas do segundo Plan de Rescate son
complementarias e acumulables ata un máximo de 15.700 euros por
negocio, e compatibles cos importes recibidos no primeiro plan. Deste
xeito, un negocio que se beneficie de ambos programas poderá percibir en
catro meses axudas que van dun mínimo de 3.400 euros ata un un máximo
de 24.200 euros.As persoas traballadoras autónomas e
microempresas poderán solicitar os apoios desde mañá venres, e durante o
prazo dun mes. Para acceder ás axudas deberán acreditar baixadas de
facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019.
A orde de axudas específica para hostaleiros e outros negocios pechados
-como ximnasios ou parques infantís- publicarase no DOG o próximo luns.
Autónomos
Para os autónomos establécese unha escala que vai
dos 1.200 aos 3.000 euros de axuda directa. As contías serán máis
elevadas para os empresarios que teñan máis caídas na facturación. Así,
establécese un baremo a partir de 1.200 euros para baixas na facturación
de entre o 45% e 60%; 2.000 euros (entre o 60% e o 70%) e de 3.000
euros nos casos máis graves (caída do 70% ou máis).
Microempresas
Para
microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu
cargo, os apoios irán dos 4.000 aos 9.000 euros. Tamén neste caso
adáptanse as contías en función das perdas: 4.000 euros (de -45% a
-60%), 5.000 euros (entre -60% e -70%) e 6.000 euros (-70% ou máis).
Estas cantidades incrementaranse de acordo co número de persoas
traballadoras ao cargo, percibindo os empresarios 1.000 euros a maiores
se contan de 4 a 9 empregados; 2.000 euros máis en negocios entre 10 e
20 empregados; e 3.000 euros con cadros de persoal de 21 a 25 persoas.NovidadesComo
novidade, o Goberno galego, por mor da situación económica da covid-19,
permitirá que poidan acceder ás axudas as empresarias e empresarios que
teñan contraído pequenas débedas coas administracións públicas
(tributarias ou coa Seguridade Social). Nestes casos, a débeda non
poderá superar o 80% da axuda a percibir e as persoas beneficiarias
deben comprometerse a saldalas e comunicalo no prazo de quince días. Os
empresarios que estean ao corrente, percibirán a totalidade da axuda
nun único pago.
Deste xeito, a Xunta responde ás peticións
formuladas polos diferentes sectores afectados. Trátase dunha medida
excepcional tendo en conta a situación actual, que facilita o acceso ás
axudas públicas a negocios con pequenas débedas coa Administración, sen
prexuízo de que teñan que cumprir coas súas obrigas tributarias e coa
seguridade social.O Goberno galego segue a acompañar con axudas
directas aos empresarios que enfrontan con maiores dificultades esta
fase da pandemia. Cos apoios preténdese contribuír ao mantemento da súa
actividade económica e do emprego. Por este motivo elimináronse
requisitos respecto do primeiro plan. Aos autónomos non se lles pedirá
acreditar prestación por cese de actividade e, no caso das microempresas
non terán que ter ou ter tido ERTE desde o inicio da pandemia.DúbidasA
Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de
axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade ten activa a
aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta
de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das
novidades. A app pódese descargar para teléfonos con iOS nesta ligazón e para Android nesta ligazón. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web de Gohu.
A
tramitación dos novos apoios realizarase unha vez máis de xeito áxil,
con pouca burocracia, o que permitirá que os primeiros pagos cheguen en
cuestión de días, antes incluso de que remate o prazo de solicitude,
como ocorreu co primeiro plan.O luns a Xunta completará a
activación do 2º Plan de rescate, coa convocatoria no DOG da nova liña
de axudas automáticas ao sector da hostalaría e outras actividades
pechadas polas medidas sanitarias (ximnasios, parques infantís,
feirantes...), dotada con outros 15 millóns de euros. Ao ser compatible
coas de autónomos e microempresas, a contía máxima a percibir polos
negocios no segundo plan poderá elevarse ata os 15.700 euros.
Link: Xunta de Galicia