|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 9 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| BOP |
ANUNCIO
Con data 26.06.2019 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 336/2019 que literalmente dí:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Asunto: NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS-DELEGADOS
D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 43 e seguintes do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e coa finalidade de conseguir unha maior eficacia na xestión,
RESOLVO:
PRIMEIRO.–Efectuar a favor dos membros da Xunta de Goberno Local que se citan as seguintes delegacións xenéricas, referidas ás áreas que se determinan, e nas materias que no seu caso se detallan, ó abeiro do que dispón o artigo 43.3 do ROF, con facultades para dirixir e xestionar os servizos correspondentes, baixo a supervisión da Alcaldía, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
– D. Manuel Pérez Riola: Concelleiro-Delegado de Obras, Medio Rural, Persoal e Seguridade Cidadá.
– D.ª Carmela Prieto Cal: Concelleira-Delegada de Turismo, Participación Cidadá e Xuventude.
– D.ª Magdalena Pérez Villar: Concelleira-Delegada de Servizos Sociais e Igualdade.
– D. Jesús Romero Carracelas: Concelleiro-Delegado de Deportes e Praias.
SEGUNDO.–Efectuar a favor dos Concelleiros que se citan as seguintes delegacións especiais, ó abeiro do que dispón o artigo 43.4 e 43.5 do ROF, con responsabilidade para a dirección interna e xestión de servizos, baixo a supervisión da Alcaldía, sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
– D.ª Ermitas García Ríos: Concelleira-Delegada de Cultura, Ensino e Bens de Interese Cultural.
– D. Manuel Martínez López: Concelleiro-Delegado de Facenda e Servizos Económicos, Ocio e Tempo de lecer.
SEGUNDO.–Mantense expresamente dentro das atribucións da Alcaldía-Presidencia a formalización dos contratos que o Concello firme con particulares, calquera que fose a materia sobre a que versen, tendo a condición de órgano de contratación cando non se houbese delegado expresamente na Xunta de Goberno Local ou nun Concelleiro-Delegado.
Quedan expresamente incluídos dentro da Área de Presidencia a Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente, Sanidade e Mar, e calquera outro servizo ou atribución non expresamente delegada.
TERCEIRO.–Da presente Resolución darase coñecemento ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este realice, notificándose ademais persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da presente Resolución, conforme se indica no artigo 44.2 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”
En Cedeira, 26 de xuño de 2019
O Alcalde
Pablo Diego Moreda Gil
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"BOP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|