|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| BOP |
Resolución da Alcaldía: nomeamento de tenentes de alcalde
ANUNCIO
Con data 26.06.2019 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 338/2019 que literalmente dí:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Asunto: NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE
D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade co disposto no artigo 21.2. da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no artigo 46.1 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 62 e 63 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,
RESOLVO:
PRIMEIRO.–Nomear Tenentes de Alcalde aos Concelleiros seguintes:
1.º Tenente de Alcalde: D. Manuel Pérez Riola
2.º Tenente de Alcalde: D.ª Carmela Prieto Cal
3.º Tenente de Alcalde: D.ª Magdalena Pérez Villar
4.º Tenente de Alcalde: D. Jesús Romero Carracelas
Ós Tenentes de Alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír a esta Alcaldía na totalidade das súas funcións e pola orde de nomeamento nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións de Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
SEGUNDO.–Nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento as funcións do Alcalde non poderán ser asumidas por quen corresponda sen expresa delegación.
TERCEIRO.–Non obstante o anterior, cando esta Alcaldía se ausente do termo municipal por máis de vintecatro horas sen conferir delegación, será substituída polo Primeiro Tenente de Alcalde e, no seu defecto, polos seguintes na orde establecida, debendo dar conta desa circunstancia o resto da Corporación e, en particular, ós voceiros dos distintos grupos políticos municipais.
CUARTO.–Notificar esta Resolución ós Tenentes de Alcalde, facéndolles constar que terán que manter informada a esta Alcaldía do exercicio das súas atribucións como Alcalde Accidental non podendo, no citado exercicio, modifica-las delegacións efectuadas por esta Alcaldía, nin outorgar outras novas.
QUINTO.–Da presente Resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que realice, notificándose ademais persoalmente aos designados, e publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación.”
En Cedeira, 26 de xuño de 2019.
O Alcalde,
Pablo Diego Moreda Gil
Link:BOPONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"BOP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|