INDEFENSIÓN CIDADÁ
En Podemos Cedeira entendemos que o concello, como institución máis cercana á cidadanía, debería ser a que garanta os dereitos da súa veciñanza de xeito máis directo e firme.
Pois ao igual que ocorría co goberno do PP, os responsables do triunvirato, dedícanse a favorecer e “empuxar” determinados asuntos de certos cidadáns e a retrasar e “dificultar” os de outros…
Como se pode comprobar no documento adxunto, a mesma Valedora do Pobo “sufre” a deixadez e pasotismo dos responsables municipais aos que require por segunda vez que lle remita o informe solicitado.
Diante deste tipo de situacións fainos sentir “vergoña allea” e solicitamos algo moi básico, pero difícil de conseguir en política, que dunha vez por todas, se trate a todas as persoas por igual.
© 2016 :: PODEMOS Cedeira
Link: PODEMOS Cedeira