UNS 400 RAPACES DE CEDEIRA PARTICIPAN NAS PRIMEIRAS OLIMPIADAS ESCOLARES
CEDEIRA, 21 de maio de 2016.-
Uns 400 nenos do colexio Nocolás del Río participaron nas primeiras Olimpiadas Escolares, unha iniciativa que nace para quedarse. O campo de fútbol O´Beco acolleu o desenvolvemento nunha actividade organizada polo centro escolar, que contou coa axuda de clubes e profesionais do deporte para levala á practica. O programa, que foi incluído dentro do horario lectivo, abarcou disciplinas como salto de altura, lanzamento de peso e xabalina, carreiras de velocidade e circuíto de rapidez e habilidade, entre outras.
O esforzo de todos os participantes se veo recompensado cun diploma e os tres mellores de cada proba levaron ademais para súas casas medallas de ouro, prata e broce.
© 2016 :: Concello de Cedeira
Link: Concello de Cedeira ::: Pingota