GRAVACIÓN DOS PLENOS MUNICIPAIS
Os plenos municipais poderán ser vistos e escoitados ( ao seguinte día da súa celebración) en podemoscedeira.blogspot.com , xa que os gravaremos ao abeiro da sentenza do Tribunal Supremo do 27/08/15.
O actual grupo de goberno formado polo triunvirato, informou que os plenos se realizarían de xeito bimensual os derradeiros mércores de mes ás 20.00 e que esperaban que asistisen un gran número de veciñ@s...
Pois nada máis lonxe da realidade: houbo plenos todos os meses (60 euros por concelleir@), diferentes días (sábados,xoves…) e a todas horas (algún ás 13.30 ou ás 15.30) e moitos deles sen ningún tipo de publicidade (a parte do “rancio” papel no taboleiro do concello).
Desde Podemos Cedeira, con esta decisión, pretendemos facer a política máis permeable e accesible á cidadanía, dadas as dificultades que ten a xente do común de coñecer a política municipal pola falta de transparencia municipal.
Link: PODEMOS Cedeira