GABINETE DE PRENSA MUNICIPAL
Os representantes municipais veñen de contratar á empresa Pingota Comunicación para que leve a cabo o gabinete de prensa municipal durante o ano 2016 por un importe de 14.399 euros.
A noticia, que podería parecer unha inocentada, é totalmente real xa que foi aprobada recentemente pola xunta de “desgoberno municipal”como figura no documento adxunto.
Parece ser que os representantes do triuvirato aínda non se enteraron de que gobernar é sinónimo de “priorizar” e o asesoramento do goberno municipal en temas de comunicación, non é precisamente unha prioridade para a veciñanza.
Desde Podemos Cedeira entendemos que este feito supón un auténtico despilfarro e que é unha mostra más da “política do postureo” levada a cabo polos elitistas inquilinos do concello

© 2016 - PODEMOS Cedeira
Link: PODEMOS Cedeira