O PP de Cedeira denuncia o uso «político» da web do Concello
O PP cedeirense denuncia «o uso indebido da páxina web e o Facebook oficial do Concello» por parte do goberno local. «É a segunda vez que ocorre, ambos deben ser para transmitir información oficial, pero non para utilizar en situación de vantaxe no debate político, salvo que se decida regular o acceso á web en situación de igualdade por parte de todos os grupos», sostén o portavoz, Luis Rubido.
«Non queremos que a web teña mensaxes políticas, non é ou lugar adecuado para iso, démoslle a oportunidade a Podemos de publicar un texto, en resposta a outro anterior do goberno», recoñece o alcalde, o socialista Pablo Moreda.
© 2016 :: Concello de Cedeira
Link: VONLine