 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 15 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |
O ÉXITO DOS OBRADOIROS DE MINERAIS LEVA AO CONCELLO A ORGANIZAR NOVAS INICIATIVAS XEOLÓXICAS DE CARA AO VERÁN
CEDEIRA, 28 de marzo de 2016.-
Os obradoiros de minerais impartidos a fin de semana en Cedeira polo xeólogo Francisco Canosa foron todo un éxito de participación, máis alá das expectativas de asistencia. No caso dos destinados a maiores superáronse as 20 prazas fixadas e, no dos nenos, foron 18 os participantes.
Os máis pequenos achegáronse ao mundo dos minerais dun xeito didáctico, mentres que os adultos coñeceron as propiedades dos minerais, as diferenzas entre naturais e sintéticos e a resposta ante o efecto luz, a denominada termoluminiscencia.
Ante o interese polos obradoiros, o Concello ten intención de apostar por novas iniciativas. Así, ten case pechadas tres rutas guiadas de cara ao verán que contarán coa colaboración deste mesmo xeólogo.
Trátase de itinerarios con tres escalas de dificultade (baixa, media e alta). A máis accesible é a xeoruta do cromo, que sairá do cruce de Teixedelo e rematará na garita de Herbeira.
A media é a xeoruta dos cantís, que comezará en Chao do Monte ata Tarroiba. E, finalmente, xa para expertos, está a xeoruta Praia Negra, que percorre os cantís desde o cruce de Teixedelo. O Concello organizará as rutas a partir do mes de xullo.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1

| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|