- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 12 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PODEMOS Cedeira :::: Ampliación información

PHP-NukePRÉSTAMO DE BICIBLETAS (AMPLIACIÓN DE INFORMACIÓN)


Despois das últimas declaracións do sr.alcalde sobre a información facilitada por Podemos Cedeira no referente ao sistema municipal de préstamo de bicicletas, queremos aclarar que:

1.-Como xa informamos con anterioridade, foi o anterior goberno do PP o que tivo a “ocurrencia” de implantar o sistema de alugueiro de bicicletas no que xa se levan “dilapidados” máis de 36.000 euros (25.410 nun primeiro pago e 11.132 na ampliación do mesmo).

2.-Diante desta actuación o actual goberno tripartito por medio do exconcelleiro de obras recrimina dita actuación ao agora portavoz do PP, tachando a inversión de innecesaria e de haber outras prioridades onde gastar os cartos (feito co que estamos de acordo).

3.-A pesar de dita intervención, varias das bicicletas levan á intemperie todo o inverno no palacete (imaxinamos que de exposición), xa que o sistema de préstamo non está previsto que entre en funcionamento hasta o vindeiro verán.

4.-O pasado mércores 16/3/16 o goberno municipal inclúe na orde do día unha modificación da ordenanza do sistema de préstamo de bicicletas no que aproba un aumento do prezo do alugueiro pasando de 20 a 40 euros, motivo polo cal hasta o PP (ideólogo do mesmo) vota en contra.

5.-Despois do citado pleno, nunha xuntanza no propio concello entre Pablo Moreda  e Xosé Lois Lago (portavoz de Podemos Cedeira), o alcalde afirma que:

a.-Ten moitas dúbidas sobre o funcionamento do sistema e  que “nos vai sair moi caro” aos cedeireses non só pola compra, senon tamén polo mantemento do mesmo.

b.-Que intentaron desde o goberno “desviar” os 11.132 euros da ampliación do sistema, pero que non llo permitiron.

c.-Que Podemos Cedeira tiña a razón na súas críticas sobre a exposición á intemperie das bicicletas e que houbera “moita sorte” de que non se produciran actos de vandalismo, feito diante do cal, suxerímoslle que as retire de inmediato hasta que o sistema esté operativo.

d.-O alcalde (como noutras ocasións), solicítanos solucións sobre o tema, ao que lle contestamos que, desde Podemos Cedeira, intentariamos asinar un convenio de colaboración supramunicipal con algunha das cidades veciñas (Narón ou Ferrol), que xa dispoñen do sistema de préstamo de bicicletas e cederlle as bicicletas a cambio de algún vehículo que puidera ser máis útil aos intereses do noso concello, como podería ser un camión grúa…

6.-Desde Podemos Cedeira queremos comunicar que en ningún caso queremos manipular ningunha información, se non dar unha visión realista das diferentes actuacións que son levadas a cabo polo goberno municipal sin a “doble moral” coa que adoitan a actuar os representantes da vella política.



Link: PODEMOS Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PODEMOS Cedeira :::: Ampliación información" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2013 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.06 Segundos