AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: Nota de prensa

PHP-NukeO GOBERNO REBAIXA A 40 EUROS A TASA POLA EXPEDICIÓN DUN CERTIFICADO URBANÍSTICO E BONIFICA UN 90% A LICENCIA DE OBRA NA ÁREA DA TRABE


CEDEIRA, 17 de marzo de 2016.-

O equipo de goberno sacaou adiante os trece asuntos que figuraban na orde do día do pleno celebrado na tardiña do pasado mércores. Entre as cuestións máis relevantes para a vida local cabe destacar a ampliación da biblioteca municipal e a aprobación de reformas fiscais, como pode ser o caso da taxa por expedición dos certificados urbanísticos, que pasa de 150 a 40 euros.

A aplicación dunha bonificación dun 90%  para as licenzas de obras e instalacións en parcelas do polígono de A Trabe é outra desas medidas coas que o goberno municipal trata de incentivar a economía local, xa sexa con estímulos fiscais para atraer novas empresas ou mediante a mellora e o coñecemento do urbanismo, tal e como apuntou o alcalde, Pablo Moreda Gil.

O rexedor municipal destacou tamén o cambio de postura do PP, agora na oposición, con respecto a medidas fiscais das que antes era o seu  único responsable. No apartado de reformas tamén cabe citar a aprobación por parte da corporación dunha modificación da ordenanza que regulará o funcionamento do servicio de aluguer de bicicletas, un asunto que quedou pendente dende o anterior goberno municipal e polo que se fixa que os usuarios do servizo terán que pagar 15, 25 o 40 euros polo uso semanal, mensual o anual do mesmo, respectivamente.

A corporación municipal acordou acollerse ao Plan de Aforro e Investimento da Diputación para garantir as reformas e melloras que é necesario levar a cabo na biblioteca municipal para adaptar as instalacións ao uso por persoas con discapacidade e evitar posibles accidentes.

O goberno municipal solicitará á institución provincial a cantidade de 212.115 euros, que terá que devolver en dez anos sen intereses mentras que, por outro lado,  comprométese a aportar 37.130 euros para a realización destas obras, valoradas no seu conxunto en 249.246,69 euros. A construción dun ascensor e de aseos adaptados son algunhas das actuacións previstas. O proxecto  prevé tamén o uso de led para reducir o montante das facturas por consumo eléctrico e a posta en funcionamento dun sistema para previr incendios nun edificio con moita madeira, tal e como   explicou o alcalde. Pablo Moreda confía en que o proxecto poida executarse dentro do presente ano.

O pleno, de carácter extraordinario, serviu tamén para aprobar os contidos do Plan de Acción Social,  cuantificado en algo máis de 102.000 euros. Unha cantidade coa que se financiarán obras de mellora no colexio Nicolás del Río -creación dun parque infantil e porta exterior de seguridade-, nos escolares de Piñeiro e Esteiro -rehabilitación dos ventanais de madeira- e na gardería municipal -novos xogos infantís-.

A corporación aprobou ademais a reforma do proxecto  previsto para a área recreativa da praia da Madalena, a participación do Concello no novo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), a elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) - que o goberno tratará de levar adiante dentro deste ano-, e as ordenanzas municipais do Servizo de Axuda no Fogar e a reguladora de Prestación de Axudas de Emerxencia.

O pleno aprobou a declaración de Cedeira como municipio solidario co Alzhéimer.



Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2013 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.11 Segundos