- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 9 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: Nota de prensa

PHP-NukeCEDEIRA ENTREGARÁ OS PREMIOS AOS MELLORES DEPORTISTAS NA XV FESTA DO DEPORTE, QUE SE CELEBRARÁ ESTE VENRES

Cedeira.- 15 de marzo de 2016.-

Este venres, 18 de marzo, celebrarase no pavillón polideportivo municipal a XV Festa do Deporte de Cedeira, na que se fará entrega do premio ao mellor deportista do ano, dos máis destacados nas distintas disciplinas e tamén dunha serie de mencións especiais.

Por obter o galardón principal compiten, a proposta dos clubs cedeireses, o equipo de remo formado por Raúl López Iglesias e Marcos Pernas Piñón, que na categoría de doble scull foron campións de España e de Galicia en remo olímpico; o nadador Manuel Ribeiro Leonardo, campión galego en 100 e 200 metros braza; e a triatleta Inés Graña González, campiona galega de triatlón alevín e ouro no ranking galego deste deporte.

O gañador darase a coñecer na gala, que comezará ás 20.30 horas, e o premio seralle entregado polo alcalde, Pablo Moreda.

Ademais, os clubs cedeireses nomearon cadanseus mellores deportistas por especialidades. Así, en remo, xunto con Raúl López e Marcos Pernas, elixiuse a Noemi Martínez Piñón (medalla de prata en Remo Olímpico Galego e 11ª no campionato de España; en natación, ademais de Manuel Ribeiro, foron escollidas Ainhoa García Barreiro -campiona galega en 100 metros espalda- e Elsa López Lourido -subcampiona na mesma especialidade-; e en triatlón, xunto a Inés Graña, nomeouse a Juan Francisco Pérez Pérez, subcampión galego de 100 metros espalda no Campionato Galego Alevín de Natación e vixésimo no de Triatlón.

O club de fútbol elixiu a Laura Rodríguez Caneiro, subcampiona galega de fútbol femenino coa selección de Ferrol. En atletismo os premios serán para Andrea López López, ouro en 3.000 metros no Campionato Intercomarcal de Pista e prata no de Campo a través; e para o equipo alevín masculino formado por Jesús López, Fabio Sousa, Lois Blanco, Ángel Breijo e Iván González, que foron segundos no Intercomarcal de Campo a través. En bádminton recoñecerase o traballo de Daniel Montero Cotelo e Marta García Pérez, un equipo mixto que resultou subcampión galego de sub15 e, na especialidade de deportes adaptados, o premio será para a deportista de Apader Pamela Lafuente Agrasar, que destacou en distintas disciplinas -campiona na Copa de Galicia de Fútbol Sá, subcampiona no Special Olympics de baloncesto, primeira en 25 metros libres de natación e campiona autonómica en 4x50 metros libres de atletismo-. Xan Rodríguez Caridad, subcampión galego de promesas junior, será nomeado o mellor deportista de taekwondo; Borja Rodríguez Guergué, campión galego de andadura galega na modalidade de catro tempos, é o de hípica deportiva galega; Nerea Casas Yáñez, a primeira menor feminina en obter o cinto negro en Cedeira, en kárate; e Daniel Georgescu, campión da Copa Deputación de full contact, en kick boxing.

A Sociedade de Caza e Pesca elixiu a Fabián Barge Vilela, campión galego de caza de arcea  como mellor deportista nesta especialidade, mentres que en baile deportivo foi Fernando Loureiro Domínguez -quinto no ranking nacional de baile latino estándar e segundo no galego- o escollido.

Pero ademais, na festa haberá varias mencións especiais:
Ornitoloxía deportiva: José Antonio García Villar, campión de España e do mundo.
Remo: o primeiro equipo de logrou unha medalla para Cedeira, hai 50 anos. Formado por Aselmo Muíño, Xosé Antón Muíño, Manuel López Pintos, Xosé Manuel Torres López e Francisco Martínez Nebril.
Bádminton: O equipo veterano, que ten varios campionatos e que está formado por dous matrimonios: Juan Antonio Rodríguez Bustabad e Hilda Martínez López, e Santiago Freire Loureiro e Dolores López Lorenzo.
Club Polideportivo Apader, ao que se recoñecen os 20 anos que leva competindo. Atletismo: José Ángel López Villar, campión galego en varias modalidades.
Natación: Manuel García Iglesias, rescatador do Helimer Galicia, que pertenceu sempre ao club cedeirés de natación e que este ano participou no salvamento de once mariñeiros na costa da localidade, no que chegou a estar el mesmo desaparecido, por fortuna cun final feliz.

Representantes da corporación, entre eles ademais do alcalde o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, e dos clubs cedeireses estarán na entrega destes premios. Na festa non faltarán as actuacións do premiado en baile latino, Fernando Loureiro, e da Escola Municipal de Xiomnasia Rítmica.




Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 3
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos