|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |
CEDEIRA ENTREGARÁ OS PREMIOS AOS MELLORES DEPORTISTAS NA XV FESTA DO DEPORTE, QUE SE CELEBRARÁ ESTE VENRES
Cedeira.- 15 de marzo de 2016.-
Este venres, 18 de marzo, celebrarase no pavillón polideportivo municipal a XV Festa do Deporte de Cedeira, na que se fará entrega do premio ao mellor deportista do ano, dos máis destacados nas distintas disciplinas e tamén dunha serie de mencións especiais.
Por obter o galardón principal compiten, a proposta dos clubs cedeireses, o equipo de remo formado por Raúl López Iglesias e Marcos Pernas Piñón, que na categoría de doble scull foron campións de España e de Galicia en remo olímpico; o nadador Manuel Ribeiro Leonardo, campión galego en 100 e 200 metros braza; e a triatleta Inés Graña González, campiona galega de triatlón alevín e ouro no ranking galego deste deporte.
O gañador darase a coñecer na gala, que comezará ás 20.30 horas, e o premio seralle entregado polo alcalde, Pablo Moreda.
Ademais, os clubs cedeireses nomearon cadanseus mellores deportistas por especialidades. Así, en remo, xunto con Raúl López e Marcos Pernas, elixiuse a Noemi Martínez Piñón (medalla de prata en Remo Olímpico Galego e 11ª no campionato de España; en natación, ademais de Manuel Ribeiro, foron escollidas Ainhoa García Barreiro -campiona galega en 100 metros espalda- e Elsa López Lourido -subcampiona na mesma especialidade-; e en triatlón, xunto a Inés Graña, nomeouse a Juan Francisco Pérez Pérez, subcampión galego de 100 metros espalda no Campionato Galego Alevín de Natación e vixésimo no de Triatlón.
O club de fútbol elixiu a Laura Rodríguez Caneiro, subcampiona galega de fútbol femenino coa selección de Ferrol. En atletismo os premios serán para Andrea López López, ouro en 3.000 metros no Campionato Intercomarcal de Pista e prata no de Campo a través; e para o equipo alevín masculino formado por Jesús López, Fabio Sousa, Lois Blanco, Ángel Breijo e Iván González, que foron segundos no Intercomarcal de Campo a través. En bádminton recoñecerase o traballo de Daniel Montero Cotelo e Marta García Pérez, un equipo mixto que resultou subcampión galego de sub15 e, na especialidade de deportes adaptados, o premio será para a deportista de Apader Pamela Lafuente Agrasar, que destacou en distintas disciplinas -campiona na Copa de Galicia de Fútbol Sá, subcampiona no Special Olympics de baloncesto, primeira en 25 metros libres de natación e campiona autonómica en 4x50 metros libres de atletismo-. Xan Rodríguez Caridad, subcampión galego de promesas junior, será nomeado o mellor deportista de taekwondo; Borja Rodríguez Guergué, campión galego de andadura galega na modalidade de catro tempos, é o de hípica deportiva galega; Nerea Casas Yáñez, a primeira menor feminina en obter o cinto negro en Cedeira, en kárate; e Daniel Georgescu, campión da Copa Deputación de full contact, en kick boxing.
A Sociedade de Caza e Pesca elixiu a Fabián Barge Vilela, campión galego de caza de arcea como mellor deportista nesta especialidade, mentres que en baile deportivo foi Fernando Loureiro Domínguez -quinto no ranking nacional de baile latino estándar e segundo no galego- o escollido.
Pero ademais, na festa haberá varias mencións especiais: Ornitoloxía deportiva: José Antonio García Villar, campión de España e do mundo. Remo: o primeiro equipo de logrou unha medalla para Cedeira, hai 50 anos. Formado por Aselmo Muíño, Xosé Antón Muíño, Manuel López Pintos, Xosé Manuel Torres López e Francisco Martínez Nebril. Bádminton: O equipo veterano, que ten varios campionatos e que está formado por dous matrimonios: Juan Antonio Rodríguez Bustabad e Hilda Martínez López, e Santiago Freire Loureiro e Dolores López Lorenzo. Club Polideportivo Apader, ao que se recoñecen os 20 anos que leva competindo. Atletismo: José Ángel López Villar, campión galego en varias modalidades. Natación: Manuel García Iglesias, rescatador do Helimer Galicia, que pertenceu sempre ao club cedeirés de natación e que este ano participou no salvamento de once mariñeiros na costa da localidade, no que chegou a estar el mesmo desaparecido, por fortuna cun final feliz.
Representantes da corporación, entre eles ademais do alcalde o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, e dos clubs cedeireses estarán na entrega destes premios. Na festa non faltarán as actuacións do premiado en baile latino, Fernando Loureiro, e da Escola Municipal de Xiomnasia Rítmica.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 3 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|