- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Nota ::::: A. R. C.

PHP-NukeComo veciño de Cedeira e socio do Club Montaña Ferrol, que dende fai anos veño practicando o deporte de camiñar, quero agradecer á Corporación Municipal o interes por poner en valor os recursos da Capelada, (nota en “Voz de Galicia” 21/2), incluíndo o senderismo.

Neste sentido, o  Concello preocupouse, ademáis, da limpeza dos camiños rurais, de facilitar as tabliñas para sinalizalo camiño a San Adrés de Teixido, e a variante cirular das Barrosas,  ruta inaugurada recentemente por un grupo numeroso de senderistas do Club de Montaña.

Non obstante a nota erra cando dí “a Capelada e moio pouco coñecida… por falla de información e sinalización”, ou cando afirma que “a ruta dos Peiraos e a única sinalizada”.

Dende o ano 2010 o Club de Montaña Ferrol marca una ruta circular de 40 quilometros, que promociona,  en colaboración co Concello, con unha marcha anual  no mes de setembro, a que acude xente de toda Galicia (no 2015 asistiron preto de 200 senderistas).

No ano  2011, marcanse e sinalizanse outras catro rutas, todas na Capelada, entregandolle ao Concello información detallada e minuciosa relativa as mesmas ( distancias, tempo percorrido, dificultade, tipo de marcas, etc.) traballo de campo feito por xente de Cedeira, socios do Club Montaña Ferrol, con una edición dun trítico informativo feito polo Club de Montaña baixo a denominación de “Rutas por Terras de Cedeira”, con notos sobre distintos puntos da Serra da Capelada, das que é autor o xeologo Fran Canosa, ó tempo que se procedeu aá sinalización doutras rutas preexistentes.

Por tanto, información no Concello e rutas marcadas ainas, outra cousa é que os concelleliros/as nonas coñezan.

Dentro desta mesma información, pero en nota aparte, o Presidente de Promotoras de Madeira (PROMACE), quiexase, entre outras cousas, e con sobrada razón, do lamentable estado de varias pistas da Capelada, por causas imputables ás máquinas das empresas dos parques eólicos.

O sr. Presidente faltoulle engadir como deixan de desfeitos e intransitables os camiños rurais, e algún camino Real do Concello, os productores de madeira coas sacas, incluido os productores da Asociación que preside.

E non me refiro  cando  están facendo o traballo de sacar a madeira, se non, a como quedan despois de que rematan o  “seu traballo”.

Por último recordar que tanto nas pistas da Capelada e, camiños rurais,  confluen moitas veces coas rutas de senderismo.

Por iso, tanto o Distrito forestal na súa demarcación, como o Concello deberían tomar cartas neste asunto. Un tema que, especialmente, o Concello non pode obviar, tanto, como as molestias que lle orixinan os usuarios das  vías, como polos elevados custos que a reparación e mantenemento deses viales supoñen para as arcas municipais.

Asinado,

Antonio Rey Caruncho.
DNI.:**.***.***


Link: Papel



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Nota ::::: A. R. C." | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos