|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |
CONCELLO E DIPUTACIÓN AVANZAN NA CREACIÓN E SINALIZACIÓN DA RUTA DE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
CEDEIRA, 1 de marzo de 2016.
O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, xunto a edila de Cultura e Urbanismo, María José Rodríguez, participou esta tarde nunha reunión na Diputación sobre a promoción do camiño de Santo André de Teixido (tamén coñecido como Ruta do Medievo) a Compostela como ruta de senderismo, ciclismo e turismo ecuestre.
O proxecto inclúe obras de sinalización e acondicionamento ao longo dos 103 kilómetros de percorrido. Estes divídense en cinco etapas partindo do coto de Chelo (Betanzos) -desde onde entronca con Santiago polo Camiño Inglés- e discorrendo por zonas de bosque autóctono con monumentos destacados ao longo da ruta como o mosteiro de Monfero, Caaveiro ou os castelos de Naraío e Moeche ata chegar a Santo André e aos acantilados máis altos de Europa, na Vixía de Herbeira. As actuacións no sendeiro terán que ser visadas e homologadas pola Federación Galega de Montañismo.
Os traballos proxectados pola Diputación, no marco dun acordo coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción do Camiño Inglés, consistirán no desbroce e adecuación das sendas e a instalación de sinais en soportes naturais; postes cilíndricos indicadores con baliza para marcar o itinerario; paneis informativos e frechas direccionais que axuden a orientar aos peregrinos.
Moreda Gil entende que o Concello cedeirés ten que participar activamente nunha iniciativa importante para a promoción turística da zona, pero tamén demanda un compromiso da Diputación para o mantemento da ruta.
O Concello terá que supervisar o percorrido para comprobar que non afecte a propiedades privadas, para o que a institución lle remitirá en breve os planos. A actuación foi adxudicada en agosto por 74.899 euros e inclúe ademais a edición de 10.000 folletos explicativos dun sendeiro de Gran Recorrido (GR50) e de alto interés turístico.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: Nota de prensa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|