PUBLICIDADE DOS BENS D@S CONCELLEIR@S
Os partidos que forman o tripartito ondeaban a bandeira da transparencia nos seus programas electorais e códigos éticos con frases do tipo:
“Declararemos publicamente os bens d@s concelleir@s”
Despois de rematar o prazo de presentación da declaración da renda o pasado 30 de xuño e despois de levar máis de 100 días no goberno,os “responsables” municipais parece que se esqueceron deste “detalle”.
En Podemos Cedeira,pensamos que a publicación na páxina web das declaracións dos bens dos membros da corporación municipal e das súas parellas,evitaría a posible existencia de conflitos de interés entre a actividade privada e o desempeño das súas funcións públicas.
Solicitamos encarecidamente que, empezando polo alcalde,fagan públicos os seus bens (e os das súas parellas) de xeito inmediato e o que non o faga, presente a súa dimisión.
© 2015 PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (Word):
preme aquí
Link: PODEMOS Cedeira