- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 12 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: Mar

PHP-NukeA Xunta creará un grupo de traballo coa frota da volanta para avanzar na súa organización e xestión. Anunciouno a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, tras a xuntanza que mantivo esta tarde -acompañada do secretario xeral do Mar, Juan Maneiro- con representantes do sector volanteiro de Cedeira, da Asociación de Volanteiros de Galicia (AVOGA), da Asociación de volanteiros do Cantábrico-Noroeste (AVOCANO), da Asociación de Buques de artes fixas do Cantábrico-Noroeste e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

A conselleira valorou a reunión como moi satisfactoria e destacou que “é a primeira vez na historia que se xuntan todas as diferentes asociacións que representan á frota da volanta de Galicia”. En canto ao grupo de traballo, informou de que se constituirá a próxima semana e que ten como obxectivo impulsar a organización deste sector e “facer unha mellor xestión das posibilidades de pesca das que dispoñen”, explicou.

Neste sentido, a conselleira pediu un pouco de tranquilidade e apelou á busca de mellores vías de comercialización e de aportar “máis valor aos nosos produtos, porque as posibilidades de pesca están limitadas”, advertiu. Engadiu ademais que a Administración é consciente das dificultades que pasa o sector e por iso cada ano a Xunta traballa con argumentos para tratar de incrementar as posibilidades de pesca que se deciden en Bruxelas para todos os Estados membros. De feito, destacou, “a día de hoxe temos un 70% máis de cota de pescada sur da que tiñamos en 2009”.

Durante a xuntanza a titular de Medio Rural e Mar tamén se comprometeu a consultar co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a posibilidade de estudar se hai frotas ás que lle sobren cotas de pesca e, se é así, facer un reparto para as que dispoñen de menos. O máis importante é que a o noso sector aproveite da mellor maneira posible os recursos, subliñou.

Outra das posibilidades que se tratou na xuntanza é a de intercambiar cota con outros países, unha opción que hai que estudar con moito detalle, advertiu a conselleira, co obxectivo de non prexudicar a ningunha modalidade de pesca.


© 2015 - Xunta de Galicia


Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: Mar" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos