|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: Mar |
Armadores da volanta, con base en Cedeira, Laxe e Corme, concentráronse
ante a Xunta para ser recibidos pola conselleira do Mar, para denunciar
que se lles asignou unha "cota ridícula" de capturas e "porque así non
podemos vivir", en palabras dun deles a Efe.
Os propietarios das embarcacións foron acompañados polo deputado do BNG
Daniel Rodas, quen sinalou que este colectivo está vivindo unha
situación "dramática" e séntense "acurralados" pola Administración.
Neste sentido, coincidiu o armador Ricardo Villar, cuxa familia é
propietaria de cinco embarcacións e dan emprego a 40 tripulantes e que
recoñeceu a Efe que se ven obrigados a "mentir" nas anotacións do diario
de rexistro, porque non poden "sacar un soldo para vivir, nin para os
marineros".
Villar recordou que a cota de que dispoñen é de 35.000 quilos de
merluza/ano, cun prezo medio anual de 3 euros, polo que pediu que a
xente bote contas, cando cada embarcación conta con 8 ou 9 tripulantes, e
completa a súa asignación en dous meses.
Ademais, lamentou que este ano se lles retiraron os permisos para cambio de modalidade, que os ocupaban outros tres meses.
Os pesqueros da familia Villar acumulan xa multas por máis de 90.000
euros por incumplir a normativa e resalta que aínda conservan cota
porque estiveron "mentindo" todo o ano, para que quedase parte dela para
acabalo.
Ata, recoñeceu a Efe que as súas fillas, de cinco, oito e catorce anos,
póñense en distintos lugares do porto, como fan familiares doutras
embarcacións, para avisar si veñen os inspectores, cando, "ás súas
idades, teñen que estar na escola e facer as súas cousas".
Preguntado como van reaccionar a esta situación, afirmou "serán os políticos os que saiban que van facer connosco".
Link: I&FONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: Mar" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|