Composición da Mesa Permanente de Contratación
En sesión realizada en data 08 de xullo de 2015 o Pleno da Corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
“Primeiro.- Constituir unha Mesa Permanente de Contratación para todolos procedementos de contratación do Concello de Cedeira nos que sexa legalmente esixible, ou así o prevexa o prego de claúsulas administrativas particulares, coa seguinte composición:
PRESIDENTE: O Alcalde
Suplente: D. Manuel Pérez Riola
VOGAIS:
-Dª. María José Rodríguez Pérez
Suplente: Dª. Manuela López Rodríguez
-D. José Camilo Casal García
Suplente: Don José Antonio Muiño Vilela
-A Secretaria da Corporación
Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental
-O Interventor Municipal
Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental
-O Arquitecto Municipal
Suplente: O Arquitecto Técnico Municipal
SECRETARIA: Dª. María Montserrat Pérez Garrote, funcionaria encargada dos expedientes de contratación.
Suplente: D. Francisco Javier Zunzunegui Vázquez, funcionario.
Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa Permanente de Contratación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.- Notificar este acordo aos membros da Mesa Permanente de Contratación.”
Cedeira, 09 de xullo de 2015
O alcalde
Pablo Diego Moreda Gil