|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 10 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira :::: Educación |
Asunto: O CONCELLO SUMASE Á REIVINDICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA PARA O CUMPRIMENTO DOS RATIOS EN CANTO AO NÚMERO DE ALUMNOS
Na última reunión do Consello Escolar do CEIP Nicolás del Río recordouse a problemática dos alumnos de educación infantil do centro, derivado do incumprimento da Consellería de Educación no referente aos ratios por número de alumnos.
Durante o curso pasado a Xunta non cumpriu a normativa vixente debendo ser tres no canto de dous o número de aulas para os alumn@s de tres anos do Colexio Nicolás del Río. Polos pais e nais do centro, presentáronse diversas reclamacións, tanto a nivel individual como colectivo que a Consellería de Educación nin siquera se dignou contestar. O caso tamén foi comunicado ao Valedor do Pobo, que tamén ten advertido a Consellería sobre a falta de colaboración na emisión dos informes requeridos.
Recórdase que o problema viña derivado do incumprimento pola Consellería de Educación, que supuso para os alumnos afectados unha masificación nas aulas cun número de alumnos superior á normativa aprobada pola propia Xunta de Galicia, e ademáis un incumprimento da superficie da aula para cada por nen@.
Porriba do anterior, a inxustiza da medida anterior repercute negativamente por partida dobre no curso que comezará no vindero mes de setembro, pois sen ter confirmado o cumprimento da lei para os nenos de educación infantil, arrastra unha reducción do profesorado de educación física e pedagoxía terapéutica, amparándose a Xunta de Galicia no número de aulas do curso anterior.
Lamentamos dende o Concello que os pais e nais do centro teñan que loitar polo cumprimento da normativa educativa, cando debería ser a propia Consellería a garante da calidade educativa.
O Concello súmase á reivindicación da comunidade educativa para o cumprimento da normativa vixente, apoiando as reclamacións efectuadas polos pais e nais do centro, alén da efectuada polo propio Consello Escolar, e solicitará unha reunión cos responsables da Consellería de Educación para interesarse polo problema e buscar unha solución á situación orixinada empregando as ferramentas legais e políticas de que dispón o Concello.
Fdo.- Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde de Cedeira
Link: Concello de Cedeira ::: Alcaldía
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 3
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira :::: Educación" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|