|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: PP ::: Comisión de FESTAS |
A comisión de festas da Patroa, presidida por Esteban Blanco , edil
electo do PP, ten a intención de «non continuar» debido, entre outras
razóns, «ás críticas recibidas».
© 2014 - La Voz de Galicia De momento non quixeron confirmar unha
decisión que xa parece adoptada, á espera de que se constitúa a
corporación, o sábado, e reúnanse co novo executivo municipal. «Depende
do que nos ofreza», condicionaba onte un representante do equipo.
Outras fontes aseguran que «non hai volta atrás». Os concertos do
Adhesivo e Os Inhumanos son os únicos pechados pola comisión para as
festas de agosto, a pesar de que o pasado 4 de abril o Concello anunciou
«as primeiras confirmacións non cartel», as orquestras París de Noia,
para o 14 de agosto; Combo Dominicano, o 15; e Aché, o 17. Agora sóubose
que estaban «reservadas» pero non contratadas. O malestar da comisión
remóntase ao pleno do 25 de marzo, no que o PP aprobou o pagamento dunha
factura de 18.000 euros pola actuación da París de Noia de 2014, pese
ao reparo do interventor (*).
José Luis Vergara (PSOE) preguntou «como se
pode admitir este gasto sen xustificalo» e Mª Xosé Rodrígue (BNG) falou
de «escándalo e ilegalidade». O rexedor, Luis Rubido, defendeu o
traballo realizado pola comisión.
------------------------------------------------------------------------------ (*)
Concello de Cedeira :::: Intervención Nota de reparo de Intervención
b) A factura emitida por Soto Espectáculos As Pontes SL organización de eventos musicales Festas Patronales 2014 con París de Noia e un total de 18.150,00 € (Ive engadido) preséntase con un escrito da Comisión de Festas do 30 de decembro de 2014. No devandito escrito o que se designa como presidente da Comisión de Festas do 2014 (Esteban Blanco Garrote), indica que tras facer fronte aos pagamentos, quedou por saldar parle da débeda relativa as orquestas contratadas que actuaron durante as festas, solicitando que o Concello asuma a débeda pendente.
O contido da solicitude non é posible de verificar para a Intervención municipal, toda vez que se pon de manifestó a absoluta falta de control sobre a recadacíón dos postos de barracas e atraccións durante as Festas Patronaís en particular. Non se conta con ningún dato sobre os ingresos da Comisión de Festas Santa María do Mar 2014, nin sobre os gastos que permitan siquera comprobar a realidade da débeda, polo que xa de comenzo debería ser rexeilada a soíicitude, ou a lo menos requerir a documentación Justificativa. En calquera caso, de asumir o Concello parte da débeda da Comisión, debería ser baixo a figura dunha subvención (Capítulo 4), e non como gasto corrente (Capítulo 2), por non tratarse dun gasto organizado polo propio Concello. --------------------------------------------------------------
Link: VONLine ::: Concello de Cedeira - Intervención
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: PP ::: Comisión de FESTAS" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|