|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 48 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| EU Cedeira ::: Comunicado |
COMUNICADO DE PRENSA
ESQUERDA UNIDA – OS VERDES DE CEDEIRA REXEITA AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE QUE TEIMA EN AGOCHAR A REALIDADE DA CONTAMINACIÓN DAS AUGAS DO RÍO, PRAIA E RÍA DE CEDEIRA, EVITANDO ASUMIR RESPONSABILIDADES
ESQUERDA UNIDA APOSTA POLO SANEAMENTO INTEGRAL DAS AUGAS RESIDUAIS EN CEDEIRA
O CANDIDATO Á ALCALDÍA DE EU-V CEDEIRA, ALEJANDRO DEL RÍO, DEFENDE QUE “NÓS INCLUÍMOS NO PROGRAMA ELECTORAL PROPOSTAS PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONTAMINACIÓN QUE AFECTAN TANTO AO MEDIO AMBIENTE COMO Á SAÚDE DOS BAÑISTAS, INFORMANDO VERAZMENTE Á VECIÑANZA”
A postura do goberno local do Partido Popular, teimando en minimizar o problema cando a xente pode ver, ulir e sentir a fedorenta realidade das augas do río Condomiñas, praia e ría de Cedeira, no canto de asumir responsabilidades, é inadmisible e supón unha burla ao pobo.
Non se pode mentir dicindo que “a auga é apta para o baño” cando a Consellería de Sanidade ven de declarala “insuficiente”, como todos estes anos, por mor da pasividade das autoridades.
Cómpre lembrar que o ano pasado, malia a pésima calidade das augas e episodios de bolas fecais e graxa, sorprendentemente foi declarada “suficiente”. Quizáis teña moito que ver que ao ser o quinto consecutivo terían que “prohibir permanentemente o baño ou recomendación de absterse do mesmo” segundo a normativa vixente.
Agóchase tamén a realidade de que a principal causa da contaminación reside na obsoleta estación de bombeo a cal, según fontes solventes, está no ámbeto competencial do propio Concello de Cedeira, polo que de ser así non se pode fuxir das responsabilidades: quén contamina paga.
Polo dito, dende Esquerda Unida de Cedeira propoñemos medidas para pór fin dunha vez a este grave problema medioambiental e de saúde pública:
- Un estudio independente que determine se a depuradora ten a capacidade necesaria así como propor as obras novas e reformas oportunas nela, na estación de bombeo, na rede de colectores municipais e na separación de augas pluviais de residuais.
- Executar as medidas resultantes do estudio, evitando desbaldir os fondos de compensación medioambiental e outros en adornos prescindibles, presionando á Administración para dotarnos de medios semellantes a vilas equivalentes a nós como a depuradora de Ares, moi superior á de Cedeira.
Cedeira, 5 de maio de 2015 ESQUERDA UNIDA – OS VERDES DE CEDEIRA
Link: EU Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"EU Cedeira ::: Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|