 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | OLLAPARO ::: Entrevista a Camilo Casal, candidato de ANOVA |

©2015 OLLAPARO
Como prevé as eleccións? Máis abertas que nunca, coa previsible perda da maioría absoluta do PP.
Cal é o proxecto do que fai bandeira?
Resumindo moito.As persoas por diante de todo, o que se traducirá en
máis axudas a colectivos moi desfavorecidos: discapacitados,
dependentes, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores con graves
carencias familiares,….. Un código ético que penalice a corrupción.
A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Os nosos eixos programáticos son : asuntos sociais; formación e emprego; educación, cultura e deporte; medio ambiente.
Como é o seu equipo? Está formado por persoas sen experiencia na política municipal (agás
unha), pero que nalgúns casos teñen unha traxectoria non despreciable de
mobilización e loita social. Un conxunto de persoas ilusionadas,
decentes e sen ataduras. En resumo, unha bocanada de aire fresco.
É a primeira vez que se presenta. Qué mudará das políticas de Luis Rubido?
Sí, é a primeira vez. Aínda que está moi manido, gobernaremos con
transparencia. A casa do concello será unha urna de cristal. Non faremos
amiguismo e rexeitaremos o “enchufismo”. A nosa política non será de
escaparate para foráneos de paso.
Qué vicios compre erradicar dos anteriores grupos de goberno?
Se nos referimos aos do PP, vimos de enumeralos. Aos dous gobernos
que houbo de esquerdas, se acaso, a sensación que poideron dar de falta
de coordinación.
Na súa presentación na prensa afirmou:“Non cobrarei un euro”….,a que se refería?
Pois a que das arcas do concello non saerá un euro para a miña persoa. Seguirei vivindo, como ata agora, da miña pensión.
Cómo potenciará a participación cidadá?
Xuntanzas periódicas cos diversos colectivos, que poderán intervir
tamén nas sesións plenarias (no momento que sexa posible)para exponer
queixas, suxestións, etc Dinamizando as AA.VV., coprogramando
actividades con elas, animándooas a elaborar, en parte, os orzamentos
municipais. Realizando alguna consulta á cidadanía en asuntos de gran
interese.
Camilo Casal Nacín en Cedeira hai setenta anos.
Son licenciado en Química e exercín a docencia durante trinta e cinco
anos, nomeadamente no IES Concepción Arenal , de Ferrol. Levo dez anos
retirado de dita actividade. Estiven afiliado ao sindicato nacionalista
CIG, e pertencín e aínda pertenzo a máis de unha organización
ecoloxista.
Link: OLLAPARO
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 3 votos: 2

| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"OLLAPARO ::: Entrevista a Camilo Casal, candidato de ANOVA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|