|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 68 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| OLLAPARO :::Entrevista a Pablo Diego Moreda candidato do PSG-PSOE |
© 2015 OLLAPARO
Como prevé as eleccións?
En primeiro lugar espero que sexan participativas, que a sociedade amose
nas urnas o seu descontento e o seu malestar e a falla de compromiso
cos veciños que ten o actual Goberno Municipal do Partido Popular e, en
especial do Alcalde, Sr. Luis Rubido. O voto da dereita adoita ser fiel e
non hai nada máis que ver os resultados de anteriores eleccións para
ver as oscilacións que ten o voto. Estas son as eleccións do cambio
político na nosa vila, considero que as máis importantes nos derradeiros
anos, nas que a nosa sociedade ten que deixar atrás o medo e perder esa
sensación de que lle deben o voto ao PP polo simple feito de que estes
cando gobernan véndenche o favor cando che fan a obra preto da casa e
non o consideran que é unha obriga cara o cidadán. Nós estamos aquí para
facer frente ao cambio político que necesitamos, para que todo o mundo
teña as mesmas oportunidades, para garantir os dereitos das persoas
nestes tempos tan difíciles donde a necesidade da maioría das familias foron apartadas a un lado.
Cal é o proxecto do que fai bandeira?
Fixarte un proxecto por bandeira non é
doado porque considero que hai varios que son moi importantes, pero
todos van vinculados ó benestar das familias. Hoxe en día, dentro das
nosas unidades familiares, hai persoas que realmente estano a pasar moi
mal.
A falla de políticas activas de emprego producen estas exclusións
sociais onde a xente, ao final, ve que os seu dereitos son recortados. O
que teño moi claro é que si son Alcalde de Cedeira priorizarei o
traballo e as políticas sociais para que todos vivamos en igualdade de
condicións e sen ningún tipo de exclusión social. Por outro lado hai que
mellorar as fontes de finanzamento municipais para, deste xeito, poder
baixar os impostos desmesurados no que nos sumerxeu este Alcalde do PP,
diñeiro que á larga só se gasta en adxudicación de obras con reparos
constantes da Intervención do Concello que son levantados por Rubido con
total impunidade. Hai que atraer investimentos doutras administracións
como a Deputación, A Xunta e o Goberno Central. O fácil é apretar ao
cidadán de Cedeira e aproveitarse do seu suor, a través do catastrazo da
suba da contribución, do Imposto de Circulación ou da taxa de lixo.
Realmente este é o goberno que desexan os nosos veciños? Por suposto que
os socialistas de Cedeira decimos alto e claro que Non!!!Nós seremos
transparentes na xestión, nas contratacións, nas adxudicacións de obra,
…, dende o principio ata o final do mandato, deixaremos os enchufismos a
un lado. Seremos cercanos traballando en contacto coas distintas
asociacións, vendo as súas necesidades, potenciando as súas virtudes e
axudando a mellorar as súas carencias. Queremos un Concello que sexa
accesible para o cidadán, participativo, que estea en trato continuo co
veciño.
A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Realmente non considero o importante decir cal é a partida orzamentaria á
cal lle adicarei máis cartos. Por imperativo legal e orgánico, a
partida máis abultada é a de “gasto corrente”. Pero sí aproveitarei para
para determe na partida á que que lle vou adicar máis tempo e máis
esforzo. Creo que, como ben dixen antes, o máis importante hoxe en día é
o benestar das familias e as políticas sociais.
A partir de aquí todo vai en concordancia, centraremos gran parte dos
nosos esforzos na creación de políticas activas de emprego e atracción
de empresas ao parque empresarial da Trabe, mellorando o elemento
fundamental da súa comunicación. Temos que dinamizar o comercio local e
loitar polos dereitos da xente do mar como pode ser, por exemplo, a
unificación da costa, así como dos sectores productores de madeira.
Dentro do benestar social melloraremos a atención domiciliaria
incrementando os controis e aplicando protocolos de boas prácticas. Ás
veces, non so é importante pensar na cantidade de diñeiro que se vai
adicar a certas partidas. Facendo referencia a isto volveremos en
política de comunicación e transporte ao 2008, ano no que a ampliación
da carretera entre Cedeira e Valdoviño estaba ben encamiñada e
retomaremos o camiño andado, referente ás actuacións de mellora da
capacidade e seguridade entre Ferrol e Cedeira que, como medidas máis
importantes incorporaba a variante de Valdoviño, evitando pasar polo
medio do pobo e a variante de Cedeira que liberaba o casco urbano do
tráfico e dirixíao ao parque empresarial da Trabe.
Como é o seu equipo?
Conseguín crear un grupo de xente que segue a miña liña de compromiso e
de traballo. Un grupo formado por xente sobre todo honesta, transparente
e comprometida cos veciños. Teño a lista que quixen ter. É máis, tiven
que deixar a varias persoas fóra e non foi unha decisión doada de tomar.
Sei que non me equivoquei e sei, sobre todo, que poido confiar
neles !!!! É unha candidatura preparada para estar ao frente dun
Concello, para levar ben a súa xestión.
Varios dos nosos membros xa saben o que significa estar na política
municipal gobernando e estar na oposición nestes derradeiros catro anos.
Esa experiencia para min é fundamental. Outra cousa que buscaba era
renovar o partido con xente nova, confiar neles é confiar no futuro,
sempre partindo da axuda da xente que ten máis experiencia. Para nada
quero unha lista floreiro, para sacar unha foto ou para levantar a man
cando eu lles mande. Quero xente con criterio, carácter e persoalidade
para levantar a voz en calquer momento ante situacións nas que estean en
desacordo. Facer unha lista non se basea só en buscar xente que “penses
que che vai dar votos ou para que a todo che digan que si”.
Outro dato a destacar é a renovación do 60 % nos cinco primeiros postos e
tamén de renovación do 60 % dos sete primeiros respecto das eleccións
do 2011, datos que demostran que a agrupación socialista de Cedeira ten
un futuro brillante.
É a primeira vez que se presenta. Qué mudará das políticas de Luis Rubido?
Realmente creo que naide sabería identificar cales son as políticas do
Sr. Luis Rubido. Está moi claro que el “prioriza as cousas antes que as
persoas”, todos os días o vemos nas rúas. Adica máis tempo a gastar os
cartos en obras moitas veces innecesarias e feitas sin ningún tipo de
criterio, antes de adicar ese tempo á creación de emprego, ás políticas
sociais, a preocuparse polas familias, … O que sí teño claro é que con
nós acabaranse os enchufismos na contratación. Conmigo todo o mundo terá
as mesmas oportunidades e loitará nas mesmas condicións de igualdade,
acabaranse os levantamentos de reparo (en facturas con obxeto ou destino
non debidamente xustificado e con posible fraccionamento de contrato
que continuamente lle fai ao Interventor).
Qué vicios compre erradicar dos anteriores grupos de goberno?
Compre erradicar os vicios que ten o actual grupo de goberno como a
falla de transparencia e o enchufismo nas contratacións. Faremos un
exercicio permanente de boa xestión. Revisaremos os impostos subidos de
forma totalmente desproporcinada ao igual que fixeron co catastrazo para
que despóis eses cartos solo se adiquen a compras de votos facendo
políticas preelectotais con obras nas que non son capaces de acreditar
en pleno “onde e cando se fixeron”. Con nós, as obras adxudicaranselle
ao proxecto máis económico e non aos orzamentos máis caros,
sobrevalorando o periodo de execución. Con nós acábase co ninguneo das
asociacións e dos veciños. O PP non se molesta en escoitar á xente. Non
saben os problemas reais que existen nas casas. Hai que conquerir que a
cidadanía decida, dándolle a importancia que realmente a ten. Hai un
dito que di “A falla da Transparencia é a trincheira dos corruptos”.
Se o que pretende é indagar nos vicios
do anterior goberno que presidimos, sinceramente creo a nivel de xestión
municipal non ten nada que ver con actual do Sr. Luis Rubido, pois solo
falando da capacidade de traballo e xestión duns e doutros a distancia é
abismal. Sirvan de exemplo as resolucións aprobadas polo noso o goberno
que duplican as decretadas polos señores Rubido. O PP non está no
Concello para traballar. Non lles interesa ser transparentes nas
contratacións nin están en absoluto interesados por atraer empresas á
Trabe donde hoxe hai más de 30 veciños da vila traballando.
Na súa presentación na prensa afirmou: “a miñá política non se basa en idioloxías, …, a qué se refería?
Bueno, agradezo que me faiga esta pregunta porque me permitirá
explicarme con máis exactitude. O que pretendín transmitir, nunha
conversación de dúas horas, foi que as ideoloxías non deben ser
obstáculo para que eu escoite a todo o mundo, pertenza ao partido que
pertenza. Aspiro a que a veciñanza me fale sen complexos, teña a
procedencia ideolóxica que teña. Desexo que a adscripción política non
sexa un muro de separación. Por iso dixen o de entrar nas casas e deixar
as ideoloxías cara un lado para conquerir que todo o mundo sexa
sinceiro e non teñan medo a falar diante dun político. Quero saber
realmente as preocupacións e os probemas que ten toda a veciñanza, claro
que de ahí a decir que a miña política non se basea en idioloxías, …,
eso sí, sirveume de lección.
Cómo potenciará a participación cidadá?
Para min é importantísimo que a
cidadanía dea un paso ao frente. Neste senso o primeiro que quixen
facer, e estouno conseguindo, foi reunirme antes das eleccións e da
campaña con case todas as asociacións, veciñais, culturais, deportivas,
sociais, empresariais, … Estou tendo coloquios cos membros de cada unha
delas para coñecer o seu funcionamento, as súas necesidades e os seus
obxectivos. Non hai dúas que sexan iguais, polo tanto estoume
enriquecendo con estas charlas porque escoitamos as inquedenzas dos
veciños e sei o grado de implicación que teñen.
Quero que o cidadán teña importancia na vida política do Concello, quero
que as distintas asociacións sigan funcionando como ata agora e teñan o
peso que realmente merecen. Persoalmente farei un seguimento de todas e
cada unha delas, porque sei que isto é a forma de que os veciños
participen na vida e no día a día do concello. Non se pode chegar a unha
parroquia e tirar o diñeiro en obras que os veciños non demandan e,
cando eles queren dicir algo, que non haxa ninguén que os escoite. Esa é
a sensación que teñen eles. Traballaremos pola creación do Consello
Local da Xuventude e da Casa da Xuventude.
Pablo Diego Moreda Gil
Enxeñeiño Técnico Agrícola en
Mecanización Agraria e Construccións Rurais pola EPS de Lugo, casado e
pai dunha nena e dous nenos en idade escolar. Traballo no sector
Inmobiliario e Hosteleiro. Fillo e neto de mariñeiros teño no mar un
gran sentimento de agradecemento pois gracias a el estou agora eiquí.
Dende moi novo iniciei o meu compromiso co socialismo e dou un paso
adiante na miña vida encabezando a lista dos socialistas de Cedeira, con
moita ilusión e moito compromiso.“Na Cedeira que eu quero ninguén terá
que sair a fora a buscar traballo”,“Na Cedeira que eu quero ningún
dereiro será recortado” afirma, definen o seu pensar
Link: OLLAPÂRO
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 3 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"OLLAPARO :::Entrevista a Pablo Diego Moreda candidato do PSG-PSOE" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|