AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 23 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Xunta de Goberno Local

PHP-NukeEn máis de 1,7 millóns de euros tradúcense os acordos adoptados pola administración de Cedeira no seo da Xunta de Goberno Local. Se importante é pola súa contía, case un millón de euros, a adxudicación da obra de urbanización do centro urbano, non o é menos a decisión de facer da Capelada referencia única da cabalgadura galega.

A petición da Asociación de Gandeiros da Capelada, o goberno de José Luís Vergara adoptou esta semana o acordo de investir un total de 41.000 euros na creación dun espazo lúdico no curro da Capelada.

Pero esta iniciativa -que dará lugar á instalación de bancadas, á construción do necesario valado e ao acondicionamento do terreo- completarase cunha segunda intervención. Ésta, que se prevé de face a unha próxima anualidade, consistirá na construción dun recinto elíptico e adecuado para a práctica de carreiras de cabalo na modalidade de "cabalgadura galega".

A realización desta obra situará ao municipio á cabeza, a nivel autonómico, nunha competición equina que empeza a non ser moi frecuente pero que, precisamente por esta razón, o Concello trata de recuperar como unha forma máis de colaborar coa tradición.

A primeira fase da intervención que se prevé completar correrá a cargo da empresa Villasuso Ortegal, tal e como se pon de manifesto desde a Alcaldía.

Por outra banda, no que se refire á contratación definitiva da rehabilitación do casco antigo da vila, a obra será executada pola UTE formada por Vivendas e Obras Civís e Lancer Proxectos e Obras. á realización da obra destínase case un milón de euros e o proxecto será executado nun prazo de seis meses.

A modernización dos servizos existentes, así como a instalación de novas conducións de face á canalización de gas, luz e telefonía son os contidos dunha actuación para a que o Concello conta co estimable respaldo económico do Fondo Estatal de Investimento Local. Con cargo a esta axuda, tamén se aprobou na última Xunta de Goberno Local a intervención que dará lugar á construción dunha senda peonil que, no seu día, tamén enlazará coa prevista pola Deputación da Coruña e que discorrerá entre a vila de Cedeira e o lugar da Areosa.

Neste caso, a contratación pechouse por importe de 181.000 euros, incluído o IVE. Realizarase nun prazo de tres meses e dará emprego a un total de doce traballadores.

A Xunta de Goberno celebrouse na xornada do pasado martes.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Xunta de Goberno Local" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos