|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira ::: Axudas |
O Concello de Cedeira informa ás familias da localidade con fillos menores de tres anos da apertura da convocatoria das prestacións económicas para o ano 2015 que leva a cabo a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A cuantía oscila entre os 360 euros cando sexa a primeira filla ou fillo; 1.200 euros, cando sexa a segunda filla ou fillo, e 2.400 euros, cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos.
Os interesados en solicitar as axudas poden dirixirse ao Departamento Municipal de Servizos Sociais da localidade, ubicado na terceira pranta do Auditorio. O horario é de 10 a 13 horas de luns a venres. O prazo conclúe o vindeiro 14 de marzo. Os beneficiarios serán aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira ::: Axudas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|