- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE Cedeira ::: Reclamacións Orzamentos 2015

PHP-Nuke ASUNTO: RECLAMACIÓNS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA AOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE CEDEIRA COORESPONDENTES AO EXERCICIO 2015.

Aprobado inicialmente pola Corporación en Pleno na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2014, tras a súa publicación no BOP da Coruña o 2 de xaneiro do 2014 queda aberto o prazo de presentación de reclamacións no prazo de quince días hábiles.

Debemos circunscribirnos ao artigo 170 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que nos limita aos seguintes motivos:

a)Por no haberse ajustado su elaboración y aprobación a los trámites establecidos en esta ley.

b)Por omitir el crédito necesario para el cumplimiento de obligaciones exigibles a la entidad local, en virtud de precepto legal o de cualquier otro título legítimo

c)Por ser de manifiesta insuficiencia los ingresos con relación a los gastos presupuestados o bien de estos respecto a las necesidades para las que esté previsto.

MOTIVACIÓN:

1. Non se xustifican ingresos, como acontece na Taxa de Ocupación de Terreos con Postos e Barracas, sen terse producido modificacións da correspondente ordenanza municipal ou se xustifique, no seu caso, o anunciado incremento desde os 1518 € ata os 30.000 €.

2. Non existe xustificación nas que asentar a previsión de gastos como é o caso do servicio de bicicletas (3.000 €) que, como noutros casos, nace sen ordenanza que o sustente.

3. Non se concreta que as indemnizacións por asistencia a órganos colexiadiados deben aboarse por día, independentemente de que concurran a órganos diferentes. Este punto cobra especial importancia pública, toda vez que supón unha forma encuberta de percepción pecuniaria que no caso dos membros da Xunta de Goberno (186 € por sesión, unha á semana con duracións vergonzantes) superan con moito o salario mínimo, eludindo incompatibilidades cos seus particulares rexímenes laboráis.

4. Profundízase na ausencia de control, retorcendo a normativa de contratación, respecto ás anteriores, posibilitándose a perniciosa discrecionalidade nas facturas de ata 18.000 € en xeral, ou 50.000 € no caso de contratos menores (en ambos os dous casos, máis o IVE correspondente).

5. Insístese na arbitrariedade nas subvencións nomeadas que omiten o cumprimento dos requisitos de publicidade e concurrencia. Utilízase a excepcionalidade frente á norma reguladora o que nos alonxa dos criteios de obxectividade e transparencia que impregnan as leis que lle son de aplicación.

6. Utiliza os fondos propios do Concello (impostos dos cedeireses) para financiar intervencións que corresponden a outras administracións. Os 73.335 € para destrozar o segundo piso do auditorio para un quimérico Centro de Dia, é un exemplo representativo desta reclamación. Outra que vai na mesma dirección, referida á invasión de competencias alleas, é a utilización das Becas Feuga que sen proceso de selección cubren substitucións laborais claramente atentatorias contra os dereitos dos traballadores.

7. Non se contemplan mecanismos que permitan verificar a sustentabilidade do equipo dixital de cine e moito menos os dereitos da propiedade intelectual.

Por todo elo, SOLICITAMOS:

Se tomen en consideración as reclamacións aportadas e sexan tomadas cantas decisións sexan necesarias para subsanar as deficiencias planteadas.

En Cedeira, a 15 de xaneiro de 2015
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2015 PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE Cedeira ::: Reclamacións Orzamentos 2015" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos