|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| BNG Cedeira :::: Denuncia |
O
BNG de Cedeira esíxelle ao goberno municipal unha actuación urxente no barrio
de Crónicas.
O
lamentable estado do parque, si se lle pode chamar así, situado no barrio de
Crónicas lévanos ao BNG de Cedeira a preguntarnos como é que despois da
cantidade de cartos que o goberno municipal leva malgastado en obras chamadas
de humanización no centro do pobo, que pasa con Crónicas?. Non merecen os seus
veciños a mesma “humanización” ca o resto?. Por que o acceso ás vivendas deste
barrio pola zona do parque consiste a día de hoxe nunha mestura de pedrería
miúda con abondosas charqueiras?. Que dicir do emprazamento da fonte,
totalmente deteriorado ou dos bordes nalgúns sitios desaparecidos, das supostas
zonas axardinadas, cheas de herba descoidada.
Non
pagan os mesmos impostos ca o resto do pobo os veciños de Crónicas?, por
suposto que si, e cónstanos que no Concello o goberno municipal xa recibiu
algunha queixa a este respecto por parte dos veciños afectados.
Por
todo isto temos que facer pública non só a queixa senón tamén o dereito de
todos a o uso e disfrute dos nosos espazos públicos e a que estes estean en
boas condicións. Porque ademais e aínda que os directamente afectados polo
abandono deste parque son os propios veciños de Crónicas (ninguén en cadeira de
rodas ou cun carriño dun pequeno pode
ter acceso ás vivendas por ese lado), somos en realidade todos os que vivimos e
lle queremos ao noso pobo tamén os afectados. Dende o barrio de Crónicas temos
unhas fantásticas vistas do pobo e da ría e o parque do que estamos a falar, de
fácil acceso dende as escaleiras de madeira do que queda dos xardíns do peirao,
é boa mostra diso.
Así
que unha vez máis esixímoslle ao goberno municipal popular que actúe, que poña
en valor este pequeno parque, non é ningunha intervención millonaria, só se
trata de darlles calidade de vida aos veciños do barrio en particular e aos de
todo o pobo e visitantes en xeral.
Cedeira,
11 de decembro de 2014. A
portavoz municipal do BNG María
Xosé Rodríguez Pérez
Link: BNG Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"BNG Cedeira :::: Denuncia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|