|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Federación Provincial de Cofradías |
A cofradía de Cedeira, unha das máis potentes da provincia da Coruña,
denunciou o que considera un "boicot" ao pósito por parte da Federación
provincial da Coruña tras quedarse fora do Consello Galego de Pesca,
onde aspiraba a ter un posto na comisión de artes fixas.
Os pescadores de Cedeira indican que se plantexan abandoar a agrupación
provincial, onde se senten "discriminados e silenciados".
A patrona maior argumenta que polo número de embarcacións que congrega de
artes fixas (volante, palangre e rasco) correspondíalle ter "voz e
voto" na comisión de artes fixadas designada o pasado sábado 29 pola
Federación Provincial de Cofradías da Coruña, que é a que representa ao
sector dentro do Consello Galego de Pesca.
"É inxusto", valora a cofradía de Cedeira, que encabeza Lucía Villar, representante legal da sociedade Villar
Arribí ::::::::( +info:preme aquí ) ::::::: ,
quen engade que "o non incluír á cofradía na comisión de artes fixas foi
un boicot e un veto ao pósito xa que os problemas e inquietudes da nosa
flota non van estar representados nesa comisión", expón a patroa maior.
Chaman a atención sobre o feito de que as tres cofradías designadas pola
Federación o pasado sábado, nunha reunión celebrada en Compostela,
reúnen, "entre todas" -apuntan- só 13 embarcacións fronte ás 19 do
pósito de Cedeira que solicitou, ademais, un posto suplente que tampouco
logrou mentres se designaba a cofradías como Coruña ou Lorbé "que non
teñen nin este tipo de arte", explican nun comunicado.
Link: ABCONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Federación Provincial de Cofradías" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|