NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 4 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Lonxa: ventas e capturas

PHP-NukeA lonxa cedeirense pecha o primeiro trimestre do ano cun saldo positivo, en canto ao número de capturas, que non descenderon con respecto ao 2008. Os prezos de comercialización, en cambio, descenderon con respecto ao mesmo período do ano pasado. A venda de percebe si se incrementou.

A pesar de que as cifras de vendas de peixe e marisco en Nadal e final de ano non eran nada halagüeñas na lonxa cedeirense, o certo é que o primeiro trimestre do ano non se pode dicir que sexa peor que os tres primeiros meses de 2008, xa que as caputras non descenderon con respecto ao pasado exercicio. Nalgunhas especies, en cambio, en volúmen de vendas incrementouse en relación co ano pasado.

Un dato significativo é que a venda de percebe non só non caeu con respecto a 2008, senón que se capturaron 313 quilos máis deste prezado molusco. Así, o pasado exercicio extraéronse 4.232 quilos fronte aos 4.545 deste ano. Este dato contrasta coa información dada días atrás pola Federación Galega de Confrarías, que alertaba dun preocupante descenso de capturas e da necesidade de tomar medidas.

Tema aparte é o prezo de venda do peixe e marisco, que por regra xeral caeu con respecto á campaña precedente.

Bo exemplo diso é que en 2008 o prezo medio de venda do percebe en lonxa roldaba os 34 euros o quilo, mentres que neste exercicio está a venderse a 25,16 euros de media.

En canto ao peixe, nos tres primeiros meses de 2009 non se constatou unha diferenza significativa en canto á captura de especies con respecto ao ano 2008, compensándose os incrementos dalgunha variedade coa redución doutras.

Unha das reducións máis destacadas deste exercicio con respecto ao pasado é a captura de polbo, pasando dos 42.414 quilos obtidos en 2008 aos 35.316 deste trimestre. Tamén descendeu, aínda que en menor medida, a extracción doutro dos produtos estrela da confraría cedeirense como a coquina, pasando de 6.400 a 6.051 quilos. Variedades como a pescada se estiveron vendendo entre xaneiro e marzo deste ano a 3,42 euros de media, fronte aos 5,11 de 2008. Tamén se venderon a un prezo máis económico especies como o abadexo, a acedía, o besugo, o peixe cabra, o linguado, o rodaballo, a pixota e as huevas de pescada. Pola contra, nestes meses incrementaron o seu valor pescados como a albacora, a bertorella e a robaliza, entre outras.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Lonxa: ventas e capturas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos