|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado ::: II |
ASUNTO: COMUNICADO CENTRO DE SAÚDE, CENTRO DE DÍA, NIN UN NIN OUTRO? (segunda parte… haberá máis)
Hai unha lenda urbana que afirma que no século pasado,
con motivo da posibilidade de que unha línea férrea pasase polo noso municipio,
a posición que saeu de Cedeira foi a de negarse en redondo a que tal
circunstancia se producise. O argumento, “nada bueno se puede esperar del
progreso”. Non podemos evitar pensar nesa anécdota cando
observamos a desidia con que o PP leva tratando o convenio entre a Xunta de Galicia e Goberno de Madrid de 2012 de
construir un novo centro de saúde en Cedeira. Efectivamente, Rubido, nun novo
exercicio de displicencia e sofá, dá por boas as excusas dilatorias do goberno
amigo de Feijóo. Un ano máis, tampouco aparece nos orzamentos da Xunta o noso
centro de saúde. A súa posición contra un novo centro de saúde quedou
clara desde un principio, cando falaba
de rehabilitar e mellorar o edificio existente. Pero, como nós adiantamos,
as incontestables motivacións técnicas de tipo constructivo e urbanístico
amosaban dificultades graves para a reparación, carencias esgrimidas polos
profesionais sanitarios en exercicio para realizar as súas actuáis función, e a
imaxe lacerante de ver cómo a nosa veciñanza se ten que desplazar a Ferrol a
rehabilitación fixeron insostibles por máis tempo as actitudes avasivas do PP. Como era de esperar, terían que protagonizar un
derradeiro xesto de obstaculización, o solo que nós deixamos disposto con todos
os parabéns urbanísticos, administrativos e xurídicos, non lle gustaba a
Rubido, primeiro porque a zona do instituto, do polideportivo, da garda civil,
da estacións de autobuses, ou do campo de futbol lle parecía lonxe e logo porque vía dificultades de tipo legal.
Este alcalde falando de legalidade. Agora din que poñerán a disposición do SERGAS un novo
solo situado a 100 metros da proposta do goberno anterior. Se non fose pola
traxedia que supón tanto retraso, era para facer chistes. Destrozará as pistas
deportivas que fixemos alí e custaron 60.000 euros e xa fixo unhas novas nas
que noutrora levantara para facer unha imposible piscina con 180.000 euros. Facer
para despois romper e así xustificar unha presencia que sólo se entende desde o
interés lucrativo. E os socialistas, en aras dun ben superior, non perder
este finanzamento de 2,5 millóns de euros, que sólo se pode gastar neste fin,
por responsabilidade con Cedeira, tragamos. Porque foi un “trágala” o que D.
Luis Rubido nos puxo enriba da mesa. Non loitaremos contra esta ubicación
porque apenas se diferencia da nosa, salvo no despilfarro de 120.000 euros que
supoñeen as pistas deportivas (as que van romper e as novas que fixeron sobre
outras que romperán previamente). Tragamos, pero non podemos renunciar á
denuncia pública. Pero despois de todo, a noticia lamentable é que tampouco
no 2015 se moverá un ladrillo para resolver dunha vez por todas o que os socialistas
consideramos unha necesidade. E o noso alcalde, no sofá.
En Cedeira, a 18 de novembro de 2014. JOSÉ LUIS VERGARA REY (Portavoz)
Link: PSdeG-PSOE Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado ::: II" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|