|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado ::: |
ASUNTO: INCLUSIÓN DE MOCIÓN NA ORDE DO DIA DO PRÓXIMO PLENO ORDINARIO
De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción, por: INSTAR AO GRUPO DE GOBERNO A PROMOVER A XESTIÓN SOCIAL DA CAFETERÍA DO AUDITORIO.
ARGUMENTAN
Que,
se como reflicte a prensa o PP pretende levar a cabo obras por valor de 73.000
euros no edificio do auditorio, coa finalidade de facer nestas instalacións
municipais o centro de día de xestión privada, debe ser conscente de que todo o
mundo sabe que a auténtica pretensión do grupo de goberno é a expulsión dos
maiores da cafetería. Incluso o grupo que goberna na actualidade Cedeira sabe
que nin este é o sitio, nin os cartos son nada para afrontar unha
infraestructura destas características.
Que
toda Cedeira sabe que detrás da expulsión dos maiores, atópase a ansia
privatizadora desta dereita contumaz. Pero non do centro de día que saben que
non será, senón duns magníficos servicios de cafetería restaurante, para os que
xa teñen propietario. A estratexia do alquiler aos seus familiares obedece a
esta pretensión. Se alguén pensaba que o PP non era capaz de pensar a longo
plazo, equivocábase. Para estas cousas, sí teñen tempo, ganas e cualidades.
Que
as potencialidades das instalacións do auditório con fines recreativos,
socializadores ou culturais son extraordinarias e absolutamente transversais. É
nestes proxectos en torno aos que hai que canalizar os esforzos, introducindo
novas atividades de titularidade pública que melloren de forma efectiva a
calidade de vida dos maiores que van desde servicios de perruquería ata
atividades de mantemento, biblioteca, internet, etc.
SOLICITAN
1.
Se reorienten as
inversión de 73.000 euros aos seguintes fins, entre outras opción a consensuar
coa xente de idade.
2.
Se promova a xestión
da cafetería pola asociación de maiores, permitíndolles, entre outros, o uso
das instalación de cociña e cafetería.
3.
Se lles proporcionen por
parte do Concello os servicios de limpeza, mantemento, electricidade e calefacción e
todos aqueles necesarios para conservar en boas condicións este ben público.
4.
Se impulsen novas
actividades tendentes ao disfrute e mellora das condicións persoais da xente
maior, actividades da memoria, mantemento físico, excursionismo, actividades
culturais, obradoiros, solidariedade social,…
5.
Se dote de medios
audiovisuais, informáticos e bibliográficos.
6.
Se dote de mobiliario,
en gran parte trasladado ao centro alugado da Plaza Roxa.
7.
Se implanten servicios
de atención hixiénico-estética para a terceira idade.
8.
Se estableza unha
corrente de diálogo periódica entre os servicios do Concello e a asociación de
maiores. Propomos a creación dunha nova concellería exclusivamente adicada á
este fin.
En Cedeira, a 6 de novembro de 2014 JOSÉ LUIS VERGARA REY Portavoz do Grupo Municial
Link : PSdeG-PSOE Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|