NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BNG Cedeira :::: Comunicado

PHP-Nuke



O BNG de Cedeira critica o descaro do goberno municipal do partido popular


O goberno municipal de Cedeira volve a sorprendernos co seu xeito de facer política, atrévense a anunciar na prensa, seguindo coa súa liña de lanzamento de titulares, que “o centro de día irá no auditorio con xestión privada”. É dicir, anuncian que imos gastar todos, porque son cartos públicos, 73.335 € nunhas obras de acondicionamento dun local público para que o xestione unha empresa privada. Por que ou como se xustifica que o publico financie ao privado?. Esta é a forma de facer política do goberno popular usar as institucións e os cartos públicos para beneficiar a empresas privadas.

Para o BNG é moi preocupante que un Concello, no que temos exemplos claros do “ben” que funciona a chamada eufemisticamente externalización de servizos se faga propaganda de semellante xestión do público. Habería que recordar ademais que no relativo ao segundo andar do auditorio, a actuación do goberno municipal de Cedeira ten sido dende o principio desta lexislatura un despropósito continuo. Primeiro alúgase un local privado para que cumpra as funcións de local social de maiores, coa oposición destes, sen que existira ningún tipo de razón que xustificara semellante gasto. Naquel momento ademais, o ano pasado, o goberno popular foi incapaz de explicar a que querían adicar o local do auditorio, e agora que están ao caer as eleccións municipais veñen con esta gran idea.

Cedeira necesitamos un centro de día, iso é indudable e incuestionable, pero público, e si unha empresa privada ten intención de montar un, está no seu dereito, pero que o financie. O que non ten razón de ser é que unha institución pública como é o Concello invirta cartos para beneficio dunha empresa privada e nun tema tan importante como é un centro de día do que deben poder dispoñer todos os veciños que o necesiten. 

Cedeira, 16 de outubro de 2014
A portavoz municipal do BNG
María Xosé Rodríguez Pérez


© 2014 - BNG Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: BNG Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"BNG Cedeira :::: Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos