AMPLIACIÓN DA INFORMACIÓN DA EXENCIÓN DO PAGO DO IBI
En primeiro lugar queremos agradecer a tódolos cidadáns a gran
acollida que está a ter esta información entre a veciñanza, feito polo cal
queremos ampliar a información facilitada co fin de aclarar as posibles dúbidas
xurxidas.
Ao exposto na nota anterior,queremos engadir:.
A.-No P.X.O.M de
Cedeira aprobado o 25/01/1995 dentro do
apartado de “Catálogo”, aparecen entre outros puntos os seguintes documentos:
a.1.-Plano
guía do conxunto histórico artístico.
a.2.-Fichas
do catálogo dos inmobles obxeto de protección.
B.-O IBI é un imposto municipal,no que o concello determina as
cantidades a pagar (BOP 246,do 27/12/2013).
C.-A Deputación encárgase exlusivamente do cobro do recibo en
función dos datos que lle facilite o concello.
D.-A solicitude de exención diríxese directamente á Deputación
Provincial de A Coruña (previa solicitude de certificados no concello ).
Este sería o proceso normal para estar exento do pago, pero a
realidade é que o afán recadatorio do sr. Alcalde impide que sexa tan sinxelo,
xa que o pago do IBI supón gran parte do presuposto municipal e as exencións
reducirían o mesmo.
Solicitamos que se axilice a tramitación da documentación que
debe aportar o concello aos veciñ@s para que poidan quedar exentos do pago do
IBI do presente ano.
Desde anova non entendemos coma a actual corporación municipal
nin as anteriores non facilitan esta información aos propietarios, xa que
contribuiría a fomentar a fixación de
xente no casco histórico e facelo atractivo para novos inquilinos que verían
así rebaixada a presión fiscal.Todo isto acompañado da creación dunha Oficina
de Rehabilitación Municipal e un Plan Integral de Rehabilitación do Casco
Histórico.
.-ADXÚNTANSE TÓDOLOS DOCUMENTOS AOS QUE FAI REFERENCIA A
PRESENTE NOTA.PASANDO POLO LOCAL DE ANOVA PODERANSE RESOLVER TÓDALAS POSIBLES
DÚBIDAS.
DOCUMENTOS AOS QUE FAI REFERENCIA A
PRESENTE NOTA
Plano guia conxunto histórico artístico
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquíCatálogo inmobles obxecto de protección polo seu valor histórico
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquíOrdenanza municipal IBI
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquíSolicitude exención patrimonio histórico
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquí
Link: ANOVA Cedeira