|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| ANOVA Cedeira :::: Feirón |
O FEIRÓN, UN REFLEXO DO DESGOBERNO MUNICIPAL
O feirón en Cedeira supón un reflexo do desgoberno que estamos
a vivir, improvisación, amiguismo e desconsideración hacia o pobo. Durante a
campaña electoral de 2011 o PP anunciou que si gañaba as eleccións o feirón
celebaríase sempre nas beiras do río Condomiñas(gravemente contaminado).
Cando chegou ao goberno, mudou a súa posición e comunicou que
se iba a rotar, os meses impares no paseo marítimo e os pares nas beiras do río
Condomiñas.O pasado mes de xuño o goberno municipal anunciaba que se suspendía
o feirón do mes de xullo e agosto. Días máis tarde e tras a presión de “moita
xente”, recuaba e anunciaba que mantiña o de xullo, pero que suprimía o de
agosto, pero que o de setembro sería na zona do río para seguir coa altenancia,
trocando así a orde.
Non contentos con tal “descontrol”, atopámonos con que o
feirón de setembro faise no paseo marítimo, cando varios comerciantes do casco
antigo tiñan a confirmación telefónica por parte do Concello (do venres 12 de
setembro) que ía ser nas marxes do río Condomiñas. Para tal efecto fixeran as
reservas de mercancía necesarias para o día do feirón.
Agora pódense plantear varias cuestións
.-Como se chega a tal situación? .-Quen correrá cos gastos das perdas ocasionadas polo
desgoberno? .-Como se remedia tal situación?
Desde Anova propoñemos e comprometémonos a fomentar a
participación cidadá como base da democracia, e a tal efecto , convocaremos un referendum
para que @s cidadáns decidan sobre a ubicación do feirón mensual. Isto só sería
a “punta do iceberg” dos cambios que nos esperan…
Link: ANOVA Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"ANOVA Cedeira :::: Feirón" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|