NICOLÁS DEL RÍO = MATERIA PENDENTE
Comezou o novo curso e as augas baixan revoltas como
consecuencia da política de desprezo do PP hacia o ensino público.
Por un lado,o mantemento dos centros de primaria debe correr a
cargo dos respectivos concellos e lévase a cabo nos períodos vacacionais,pois
no caso de Cedeira,non se realizou ningunha obra neste período a pesar das
múltiples necesidades existentes.
Como se pode apreciar a simple vista e tamén nos comunican
numerosos nais e país,o colexio necesita arranxos urxentes entre os que
destacan a sustitución do valado do patio de area,a sustitución ou arranxo dos
ventanais das aulas que dán á Praia (polos que entran auga,vento e area) e o
acondicionamento do patio de Educación Infantil .Poderiamos citar moitos máis (pintado
das aulas,dotación de internet no edificio do areal,eliminación de humidades, acondicionamento
das aulas de infantil…)como consecuencia do “abandono” que sufre a escola por
parte das autoridades competentes.
Outro aspecto a destacar negativamente é o servizo de
limpeza,xa que o goberno municipal suprimíu un posto de limpadora e actualmente
só dúas realizan esta función ,o que supón un número claramente insuficiente
(aparte de non contar con ningún tipo de maquinaria que facilite a súa labor
E para colmo, seguindo coa política de recortes,recentemente
suprimiuse unha a aula de educación infantil o que supón superar os límites de
alumn@ por aula e o sr. Alcalde diante desta situación ponse de parte da
Consellería.
No Concello “pásanlle a pelota á Consellería de Educación” e
viceversa (ámbolos dous do PP) e mentres tanto son os nos@s fill@s os que máis
padecen a súa incompetencia.
Link: ANOVA Cedeira