- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 14 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BNG - Cedeira

PHP-Nuke O BNG de Cedeira, xunto co resto dos convocantes, Somos Cedeira, ADEGA, Anova, EU e Galiza Nova, animámosvos a todas e todos a que participedes na Concentración contra a contaminación impune do río, a ría e a Praia da Madalena que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de agosto, ás 12:30 na Ponte Nova.

No pleno celebrado o pasado 30 de xullo, o BNG presentamos unha moción relativa á calidade da auga, do río, da ría e da Praia da Madalena na que instábamos ao goberno municipal popular de Cedeira fundamentalmente a actuar, é dicir : á revisión, mantemento e realización dos arranxos necesarios das infraestruturas relacionadas co saneamento; ao compromiso por parte de Sanidade de executar análises periódicas da auga e á necesidade de difusión por parte do goberno municipal de toda a información relativa a estes temas.

A nosa moción foi rexeitada pola maioría absoluta do partido que goberna o noso pobo. O alcalde acusounos de alarmistas, pero que crea máis alarma? ver bolas de excrementos, deterxente e graxas inundando a nosa praia e negar a realidade ou informar debidamente á poboación sobre que é o que está a funcionar mal e explicar como se vai amañar.

O saneamento é un servizo fundamental, pagado por toda a poboación é igual que temos todo o dereito a esixir a boa xestión tanto dos servizos como do erario públicos, tamén temos a obriga de defender a nosa saúde, e o medio ambiente do noso pobo.

Co único que se crea alarmismo é coa ocultación da información e coa negación da realidade. Xestionar os servizos dun Concello leva implícito enfrontarse a todos os problemas que estes poidan xerar con claridade e transparencia, ou o BNG así o entendemos, ese é o noso xeito de facer política. Pero polo que se ve o goberno municipal popular de Cedeira non só non fai política senón que ademais parécelle un desprestixio que os demais a fagamos...

Cedeira, 8 de agosto de 2014
María Xosé Rodríguez Pérez, portavoz municipal do BNG de Cedeira

Link: BNG Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"BNG - Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos