|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 4 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A UPG secunda o veto ‘irmandiño’ |
A corrente interna do BNG que encabeza Xosé Manuel Beiras, Encontro
Irmandiño (EI), non estivo soa á hora de defender o veto á intervención
do portavoz nacional en funcións, Anxo Quintana, na Asemblea
Extraordinaria .
Segundo fontes próximas á dirección nacionalista consultadas por
Xornal de Galicia, este posicionamento, defendido no Consello polo
concelleiro coruñés e membro de EI, Mario López Rico, contou co
beneplácito do partido hexemónico nos órganos directivos do Bloque,
isto é, a Unión do Povo Galego (UPG).
Se ben a decisión quedou explicitada no Consello Nacional, a súa
xénese sitúase dous días antes, na xuntanza celebrada pola comisión
organizadora do cónclave do 10 de maio, elixida despois da demisión
conxunta de toda a Executiva.
Esta comisión, na que sentan dous membros da UPG, Alberte Ansede e
Francisco Jorquera e dous dos denominados ‘quintanistas’, Carlos
Aymerich e Roberto Mera, xunto a Alberte Rodríguez Feixóo (Esquerda
Nacionalista), Noa Presas (Movemento Galego ao Socialismo) e o propio
López Rico, deu, o pasado xoves, forma definitiva á orde do día da
Asemblea Nacional.
Foi nesta xuntanza, atendendo ao relato das fontes consultadas, na
que estivo por primeira vez sobre a mesa a posibilidade dunha
intervención de Quintana e na que, tamén, o representante de
‘irmandiño’ mostrou a súa oposición sen que os representantes da UPG,
presentes na xuntanza, rebatesen esta opción e posibilitasen unha
intervención que si estaría apoiada polos dous integrantes da comisión
máis próximos ao portavoz en funcións.
Neste estado de cousas, a proposta de orde do día chegou ao
Consello, onde o propio Quintana apostou por intervir e outorgarlle así
ao cónclave un carácter de “normalidade”.
De novo, López Rico suliñou a súa oposición argumentando que
Quintana podería usar o discurso para “posicionarse” en favor dalgunha
candidatura, unha posición á que secundada por MGS, ao considerar que
o “protagonismo” da Asemblea debe recaer “na militancia”.
Neste intre, os membros da UPG optaron por, álén da alusións ao
axustado dos tempos da Asemblea, non propiciar unha votación que daría
como resultado a inclusión na orde do día dunha intervención de
apertura por parte de Anxo Quintana.
Link: XORONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A UPG secunda o veto ‘irmandiño’" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|