A Xunta Electoral central das eleccións ás confrarías
admitiu o recurso de alzada presentado por un grupo de armadores e
tripulantes do depósito cedeirense contra a candidatura de José Agustín
Pérez Pernas, patrón maior desde hai oito anos e aspirante a continuar
no cargo [no colectivo de empresarios de artes menores], por considerar
que non cumpre os requisitos establecidos pola normativa. «É dono dunha
embarcación de pesca da terceira lista (...), pero nin agora nin no
último ano desenvolveu ningún tipo de actividade relacionada co mundo
do mar (...). Leva sen saír a faenar máis dun ano e medio, o que nos fai
pensar que non dispón de dereitos de sufraxio activo e pasivo»,
alegaban no escrito de impugnación das candidaturas provisionais
proclamadas pola comisión electoral da Confraría de Cedeira
© 2014 - La Voz de Galicia
O
informe solicitado pola Xunta Electoral á Secretaría Xeral do Mar, da
Consellería do Mar, certificou que o armador Pérez Pernas comunicara a
súa inactividade o 24 de maio do 2013. A Dirección Xeral da Marina
Mercante confirmou que depositara o rol de despachos e dotación do seu
buque o 7 de xaneiro do 2013. Nunha resolución asinada o 18 de xuño, a
Xunta Electoral declara a «inadmisión» da candidatura do ata agora
patrón maior, que non poderá ser «elector nin elegible» no proceso de
renovación do órgano de goberno do depósito. Cabe interpor un recurso de
reposición ante a Xunta Electoral de Confrarías ou un
contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia (TSXG).
Apelación doutro aspirante
Serafín Costa García, outro dos aspirantes a
formar parte da xunta xeral e a liderar a confraría de Cedeira,
recorreu a decisión da comisión electoral do depósito de rexeitar a súa
candidatura [presentada polo colectivo de empresarios de baixura-artes
menores], por tratarse de «un membro suplente» da citada comisión. Na
súa reclamación afirma que «descoñecía e non fora informado, nin ao
resultar elixido suplente nin despois nin ao presentar a candidatura»,
de que o feito de ser suplente impedíselle optar ás eleccións. O seu
nome non figura na lista de membros electos á xunta xeral, que se
coñeceu onte, e na que aparecen 16 tripulantes, 7 empresarios e outros 3
do percebe.
+ Info eleccións confraría:
Confraria de Pescadores Cedeira
Confraría de Pescadores de Cedeira
Link: VONLine