|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Non hai constancia de casos sospeitosos |
De acordo cos datos proporcionados pola Dirección Xeral de Saúde
Pública, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, informa que
ata o momento non hai constancia de ningún caso sospeitoso de gripe
porcina en humanos en Galicia.
A Consellería de Sanidade está a participar nas reunións programadas
desde o Ministerio de Sanidade e Política Social e mantén un contacto
permanente con este departamento e o resto de Comunidades Autónomas
sobre a situación dos posibles casos detectados de gripe porcina en
España e sobre a situación en México e Estados Unidos.
As
administracións están a traballar en coordinación para coñecer en
detalle a situación e ir actualizando as informacións que se vaian
producindo tanto nos posibles casos de España coma no resto de países,
así como facer un seguimento dos resultados e establecer as medidas
oportunas e coordinadas que a Organización Mundial da Saúde poida
recomendar no caso de ser necesario.
Polo de agora, as medidas adoptadas son as correspondentes á fase
tres, das seis previstas no Protocolo Internacional de Seguimento da
Pandemia de Gripe, e que consisten en incrementar as medidas de
vixilancia nos centros sanitarios. Neste senso, a Consellería de
Sanidade procedeu a comunicar os protocolos pertinentes ás xerencias de
Atención Primaria e Especializada.
A Consellería de Sanidade tamén procedeu a informar na súa web dos
comunicados informativos remitidos pola Organización Mundial da Saúde
(OMS) e polo Ministerio de Sanidade e Política Social.
Todos os cidadán
interesados, así como os profesionais do sistema sanitario galego poden
ter acceso a toda esta información a través dos seguintes enlaces:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62512
http://www.msc.es/gabinetePrensa/notaPrensa/desarrolloNotaPrensa.jsp?id=1469
http://new.paho.org/hq/index.php?option=com_content&task=view&id=1259&Itemid=1〈=es
Link: XONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Non hai constancia de casos sospeitosos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|