AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Lonxa

PHP-NukeO espectacular incremento de volume de negocio que se está experimentando na lonxa de Cedeira como consecuencia da apertura da nova rula e a ampliación do abano de vendas, sobre todo de peixe, permitiu que a vila mariñeira se asente xa entre as zonas máis puxantes neste sector en toda Galicia.

As cifras son abafadoras. Entre o 1 de xaneiro e o pasado venres na lonxa cedeirense despacháronse algo máis dunha tonelada de produtos do mar que reportaron máis de 3,1 millóns de euros, segundo as estatísticas oficiais da Xunta.


© 2014- La Voz de Galicia

Só cinco rulas das 58 das que se rexistra actividade en toda Galicia superaron esta cantidade. Trátase, en concreto, da Coruña; Burela; Celeiro; Ribeira e Vigo. En todos estes casos, as cifras que se manexan son moi superiores ás da vila mariñeira, dado que se trata de grandes e tradicionais polos de venda.


© 2014 - Xunta de Galicia
Dcto. (PDF) : preme aquí


As perspectivas

Pero o golpe na mesa da confraría cedeirense está aí e, ademais, a tendencia é a continuar incrementando mercado e volume de negocio nos próximos meses.

Cabe recordar que tanto o verán como o nadal, aínda por chegar, son datas moito máis propicias que as actuais para a venda de peixes e mariscos.


A posta en marcha da nova lonxa foi un elemento crave para este éxito de vendas, xa que atraeu de novo a Cedeira a barcos pesqueiros que, a pesar de pertencer ao depósito, comercializaban as súas capturas noutras rulas.

A ampliación e a modernización das instalacións supuxeron un desembolso por parte da Xunta de máis de dous millóns de euros e a habilitación de 1.200 metros cadrados.

Do impulso que está tomando este núcleo de comercialización dá boa conta tamén o feito de que en apenas dous meses, entre marzo e abril, comercializáronse 609.000 quilos de produto por valor de case 1,8 millóns de euros.

Economía local

A pesca e o marisqueo son a principal fonte de actividade no municipio de Cedeira, xunto con outros sectores como, por exemplo, o forestal.

A diversificación industrial que se persegue coa apertura de áreas industriais, e que comeza a dar os seus froitos, vese deste xeito agora apontoada pola consolidación da actividade económica principal.

A apertura do novo recinto de poxas, clave para recuperar a pesca.

Link: VONLine - XuntaONLine - PescaDeGalicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Lonxa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos