AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 19 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 “Só hai que ter medo a perder a dignidade”

PHP-NukeO secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos (San Xurxo, Ferrol, 1955), vén de cumprir catro domingos de arresto domiciliario pola súa actuación nun hipermercado durante a folga do 12-J. É unha máis no seu historial de condenas, no que leva acumuladas 16 por faltas, a maioría multas, e unha de doce anos de cárcere por un delito de atentado aos axentes da autoridade, no ano 2001, nas mobilizacións das mariscadoras de Mugardos. Tamén está á espera do xuízo polas acusacións de atentado, desórdenes públicos e delito electoral que lle acarreou a protesta diante do hotel Almirante no arranque das últimas eleccións autonómicas.


© 2014 - Diario de Ferrol

Ten experiencia acumulada diante dos tribunais.
Puxéronme unha condena firme por atentado e non entrei na cadea porque non tiña antecedentes penais. Naquelo de Mugardos fun condeado por agredir a dous policías; bueno, ben, pero naqueles feitos dezaseis mulleres resultaron feridas, dúas cos brazos rotos... Fun detido pola Garda Civil e hai que dicir que o trato foi cordial. Logo teño 16 condenas, con esta última do arresto domiciliario, pero todas foron por dar a cara polos traballadores e porque eu son un obxectivo a batir polo sistema, eso é así. Na protesta en Alcampo, por exemplo, entramos un grupo grande de todos os sindicatos, pero todo o tempo as cámaras de vixiancia estiveron sobre min.

E á espera de xuízo polos feitos da última noite electoral, cando foi tamén detido e as cousas, polo que contou despois, tomaron outro cariz. Vostede denunciou que foi torturado e apelou o auto que ordenaba o arquivo da causa.

Eso foi terrible. Estou acusado de atentado, desórdenes públicos e delito electoral, eu só, que alí había máis de 300 persoas e a convocatoria foi doutros. Aquela noite no calabozo cambiou moito a miña percepción do que está a suceder. Dinme conta de que estamos nunha ditadura, que a persoa non ten dereitos.

Qué pensa da Lei de Seguridade Cidadá que prepara o Goberno?
Unha lei que eu xa sufrín en propia carne, por certo. É unha mordaza que, se non o remediamos, nola van poñer. Pediría que nos levantemos contra iso, porque somos máis, se a clase traballadora vai toda xunta pode con este sistema.

Qué bota de menos?

Que a xente non estea na rúa, ocupando fábricas e institucións para dicir basta xa. Porque están roubando á clase traballadora, iso xa non o discute ninguén, para que a banca faga o que queira e os ricos sexan cada vez máis ricos. Están pechando empresas por todos lados, contratando á xente en condicións míseras, con medias xornadas e sen horario, de maneira que non podes traballar noutro lado e vas morrer cobrando 500 euros. Recortan todo, tratan de desprestixiar aos sindicatos e potencian a policía, a Igrexa... a parte máis reaccionaria do sistema.

Cree que a acción das forzas de seguridade está conseguindo frear á xente?
A precariedade, os recortes, claro, traen unha reacción. Pero logo sacan leis para silenciar a resposta da xente, como é a Lei de Seguridade Cidadá. O que penso é que a persoa só ten que ter medo a perder a dignidade. Eu non teño medo a nada e considero que se os sindicatos non lideramos o que ben pode ser unha revolución social acabaremos sendo meras xestorías.

Vese entrando na cadea?

Non sei, penso que coas miñas detencións xa conseguiron que estea en liberdade con cargos. Nese aspecto estou maniatado pero se a xente está decidida a tirar cara adiante, eu me poño ao frente. Temos que perder o medo. A noite que me detiveron, se a xente saíra á rúa... penso que foi un momento estratéxico, había unha causa para que Ferrol saltara. Creo que sería vital, pero se deixou pasar.

© 2014 - Diario de Ferrol


Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"“Só hai que ter medo a perder a dignidade”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.27 Segundos