|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 3 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Mámoa |
Operarios municipais acharon nos últimos días unha mámoa nunha leira de
propiedade municipal no monte Brañón, e da que non se tiña constancia
até a data. O consistorio ordenou precintar a zona para evitar que os
restos poidan sufrir algún dano por parte dos camións que traballan no
lugar.
A vila de Cedeira pode sumar un novo achado ao seu xa importante
patrimonio arquitectónico e cultural tras a aparición dunha nova mámoa
nunha parcela de propiedade municipal no monte Brañón.
O alcalde da
vila, José Luís Vergara, manifestaba a súa sorpresa ante o que
cualificou como un achado casual, xa que segundo explicou, nos últimos
días estivo a traballarse na zona, nunha parcela adquirida polo goberno
local ao comezo do seu mandato, "que nos custou moito traballo adquirir
xa que tivemos que negociar con varios propietarios", indicou Vergara.
Nestes terreos colocouse un depósito de auga para abastecer aos veciños
da parroquia de Sisalde e no transcurso destas obras apareceu este
resto arqueolóxico que, nun principio, ben podería pasar desapercibido
xa que, segundo explicou o alcalde, "a primeira vista só se apreciaba
un buraco no terreo".
O caso é que se decidiu contactar co Seprona para
saír de dúbidas e axentes especializados, xunto con responsables de
Patrimonio, chegaron á conclusión de que se trataba dunha mámoa.
Segundo confirmou o alcalde, a zona xa está debidamente precintada para
que o tránsito de vehículos pesados no lugar non dane este sepulcro
prehistórico, xa de seu en bastante mal estado. De feito, José Luís
Vergara explicaba que das 150 mámoas existentes na vila, "case todas
atópanse violentadas".
Neste caso en concreto o monumento carece da
pedra superior que caracteriza a este tipo de elemento funerario
prehistórico.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Mámoa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|