NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Xunta reduce nun 47% os altos cargos

PHP-NukeO presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a nova estrutura orgánica do executivo, aprobada no Consello de Goberno celebrado esta mañá no Parlamento, reduce nun 47% o número de altos cargos, ao pasar dos 125 existentes co bipartito, a 59. O anuncio foi efectuado nunha rolda de prensa ofrecida polo Presidente da Xunta ao remate do Consello desta mañá, e na que enmarcou a nova estrutura orgánica no compromiso de austeridade adquirido por el e o seu equipo ante a sociedade galega.

Feijóo explicou que a nova estrutura orgánica da Xunta reduce de 73 a 61 o número de dirección xerais e secretarías xerais da Xunta, o que supón un recorte do 17%. Esta decisión súmase á redución do número de consellerías nun 25% e á supresión dos delegados provinciais, que quedarán reducidas a un único delegado, máis Vigo.

O recorte, por consellerías
Da Presidencia da Xunta unicamente quedan as secretarÍAS xerais da Presidencia, a de Emigración, a de Medios, a do Deporte e a de Fomento das Tecnoloxías Informáticas e Comunicación. A SecretarÍa Xeral de Igualdade queda integrada no Servizo Galego de Igualdade, que depende directamente da Presidencia. As únicas direccións xerais que permanecen son a Asesoría Xurídica Xeral, o Gabinete do Presidente e a Dirección Xeral de Comunicación. O deporte, o Fomento das TIC´s e a Igualdade pasan a depender directamente do presidente da Xunta co fin de reforzar o peso destas políticas no conxunto do goberno galego. A Vicepresidencia desaparece, deixando paso a unha Secretaria Xeral de Igualdade, da que forma parte o Servizo Galego de Igualdade, a depender directamente do Presidente. O resto de secretarías e direccións xerais distribúense entre as consellerías da Presidencia, Traballo e Cultura. A actual Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza mantén a súa estrutura e competencias, aínda que se integran nesta Consellería a Secretaria Xeral de Relacións Institucionais (procedente da Vicepresidencia), a Secretaria Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (procedente da Presidencia da Xunta), así como as delegacións da Xunta no exterior, que na estrutura anterior dependían directamente do Presidente. Esta Consellería conta, na nova configuración, con 7 direccións/secretarias xerais. A anterior Consellería de Economía e Facenda, que pasa a chamarse Facenda, conserva as mesmas direccións xerais que ata o de agora, pero suma a Dirección Xeral da Función Pública (ata o de agora na Consellería da Presidencia). As tres direccións xerais de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes intégranse na Consellería de Medio Ambiente, excepto Portos de Galicia, que pasa á Consellería do Mar, e o Xurado de expropiación que pasa a Facenda.

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Consellería de Medio Ambiente, que pasa a denominarse Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, reforza a súa estrutura coa incorporación das tres direccións xerais de Política Territorial, e co Instituto Galego da Vivenda e Solo. A anterior Consellería de Vivenda desaparece. Toda a política de ordenación do territorio do Goberno queda integrada nesta Consellería, as competencias da cal quedan enteiramente vinculadas ao respecto polo medio natural. Esta Consellería mantén Augas de Galicia. Pola contra, a Dirección Xeral da Conservación da Natureza queda integrada na Consellería de Medio Rural. Ademais, en Medio Ambiente, créase unha Dirección Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe. A nova Consellería do Mar segue coas mesmas competencias que tiña a de Pesca, pero tamén integra na súa estrutura o ente público Portos de Galicia. A Consellería de Medio Rural mantén a súa estrutura anterior, á que engade a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, procedente de Medio Ambiente. Esta Dirección xeral ten dúas subdireccións e é competente na caza e na pesca fluvial, así como na xestión da rede natura e das zonas protexidas. A nova Consellería de Economía e Industria asume a totalidade das competencias da anterior Consellería de Innovación e Industria, ás que lle engaden todas as políticas activas de creación de riqueza. Deste xeito, desta Consellería dependerán o IGAPE, Xes Galicia e o BIC Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo ten as mesmas competencias que actualmente coa incorporación dunha Secretaria Xeral de Turismo.

Política Lingüística, a Educación

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incluirá as mesmas direccións xerais que tiña na pasada lexislatura e a elas sumaráselles a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Educación amplía a súa estrutura cunha Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, Universidades pasa a ter rango de Secretaría Xeral.

 Benestar e Sanidade
A Consellería de Traballo asume os servizos sociais que xestionou a Vicepresidencia. Esta Consellería contará cunha Secretaria Xeral de Familia e Benestar, así como unha Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal e outra de Xuventude e Voluntariado. Nesta Consellería intégranse tamén o Consorcio e SOGASERSO, S.A. A Consellería de Sanidade permanece coa mesma estrutura, se ben unifica as dúas direccións xerais que tiña nunha soa. Para ver docmento coa estrutura orgánica da Xunta prema aquí.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A Xunta reduce nun 47% os altos cargos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos