|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 46 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concelo de Cedeira - Urbanismo - UEI 1 |
As familias que promoven o Plan Especial de Reforma Integral (PERI) -
Unidade de Execución Integral 1, do polígono da Xunqueira, esixen ao
Concello de Cedeira que "cumpra os prazos legais, que xa superou con
fartura", para a súa ratificación definitiva.
Desde a aprobación inicial do plan, o 11 de xaneiro de 2007,
transcorreron case sete anos, e están a piques de cumprirse dous desde
que o concello levantase os dous anos de suspensión da tramitación,
derivados da entrada en vigor da Lei de Medidas Urxentes de Ordenación
do Territorio e do Litoral de Galicia.
Os promotores do PERI da Xunqueira consideran "ridícula" a xustificación
dada polo portavoz do goberno local, o popular Luís Rubido, que achacou
o atraso a "a complexidade técnica" do proxecto. "Que un tema sexa
complicado non che exime da túa responsabilidade legal de ter que
informalo", replican. E insisten en que un PERI "desenvólvese con
moitísima rapidez porque está moi reglamentado e a normativa que se
aplica é moi clara". " Curiosamente - apuntan - , este tema , moi
sinxelo, non se está sacando adiante e , con todo, unha modificación
puntual do planeamento, que si resulta moi complexa, posto que teñen que
xustificar que non existe chan para desenvolver esa actividade que se
pretende, vai moi rápido".
© 2013 - Catastro
Aluden ao cambio de cualificación urbanística dunha parcela de 2.619
metros cadrados situada na estrada AC-566 ( fronte á gasolineira ) para
establecer o seu uso comercial, "cando no planeamento xa está previsto
chan para estes usos , como é o PERI da Xunqueira".
Rubido recoñece que "é obrigatorio tramitar os expedientes pola orde de
entrada no rexistro", insiste no interese do Concello en aprobar o plan
da Xunqueira "canto antes" e afirma, doutra banda, que a cadea de
alimentación interesada en montar un gran hipermercado en Cedeira "xa
ten pechado instalarse na outra zona ( fronte á estación de servizo)".
Link: VONPaper
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concelo de Cedeira - Urbanismo - UEI 1" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|