|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 46 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| CIG-Ferrol --- Mar |
A CIG-Ferrol denuncia a falta de vendas na lonxa da Confraría de Cariño porque os pesqueiros levan o peixe a outras rulas Estas prácticas están ocasionando un grave prexuízo ás arcas do pósito A Unión Comarcal da CIG de Ferrol vén de denunciar publicamente a falta de vendas rexistrada na lonxa da Confraría de Cariño por parte dos pesqueiros do pósito cariñés. Unha situación que está a ocasionar graves problemas económicos ás arcas da entidade.
O co-voceiro da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, denuncia que á cabeza desta práctica está o propio pesqueiro do Patrón Maior, que xunto a outros transportan o peixe para lonxas de fóra (principalmente para A Coruña), “producindo un efecto moi negativo nas arcas da Confraría”.
Esta situación, apunta, provoca que se teña que vender o patrimonio inmobiliario para que a Confraría poida manter os empregos e os servizos.
“Estes días, o Patrón Maior da Confraría de Cariño laiábase na prensa comarcal dos graves problemas económicos que está a pasar o Pósito, cando el mesmo é dos que venden o peixe noutras lonxas”, denuncia Pintos.
Link: CIG Ferrol
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"CIG-Ferrol --- Mar" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|