Os máis pequenos da casa teñen unha cita cada mañá na Sala Áncora, na
Praza do Sagrado Corazón de Cedeira. Alí, o Concello puxo en marcha esta
semana a ludoteca municipal, pensada para os nenos e nenas de tres a
11 anos. Durante as mañás dos meses de verán, dous monitores
ofreceránlles unha programación de xogos didácticos. As actividades
tamén se celebrarán ao aire libre, neste céntrico espazo. Así mesmo, o
programa municipal ten custe cero para as familias e desenvolverase
entre as 10 e as 14 horas ata a primeira semana de setembro. Con el, o
Concello procura dous obxetivos. Dunha banda, ofrecer unha alternativa
de ocio para os rapaces neste periodo de vacacións escolares e, ao mesmo
tempo, plantear un ocio didáctico. En todo caso, dende o Concello
lémbrase que o servizo non inclúe a custodia dos nenos que participen no
mesmo.
©2013 - Concello de Cedeira
Link: Concello de Cedeira